Viño nun pedestal

El decantar se va a acabar podería ser o lema se non fora por que o seu esquema xa está gastado.

Hoxe Martín Berasategui e Flavio Morganti presentaron en Valladolid un novo modelo de botella que pode supoñer a fin da necesidade de decantar os viños porque a propia botella retén os sólidos do caldo no mesmo acto do servizo do viño.

¡Cómo non se lle ocorreu a ninguén antes! As posibilidades da botella son moitas e xa algúns adegueiros falan de que abre novas posibilidades ao mundo da elaboración de viños. No folleto facilitado na presentación, e ao que se pode acceder na súa web, podemos ler como Pablo Buján, director comercial de Martín Codax, di “parece increíble que hayamos tenido que esperar siglos, pero ahora es solo cuestión de tiempo que muchos bodegueros puedan modificar sus métodos de elaboración.”

Dende agora o viño presentarásenos derriba dun pedestal.

En Capítulo 0

One thought on “Viño nun pedestal

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *