Cociñeiras galegas

Neste día da muller traballadora vólveme á cabeza a eterna pregunta: ¿para cando un movemento ou asociación que deixe patente a importancia das mulleres na cociña galega?.

Aí temos grandes clásicos da nosa cociña, como Toñi Vicente, Manicha Bermúdez (La Taberna de Rotilio) ou Ana Gago (Casa Pardo), xunto a outra emerxentes como Inés Abril (Maruja Limón), Lucía Freitas (A Tafona), Iria Espinosa (Alborada) ou Beatriz Sotelo (A Estación), que xa vai camiño da consagración.

¿Ou que dicir doutras cociñeiras que desempeñan o seu traballo no medio rural, con menos repercusión mediática pero grandes resultados?. Aí están os exemplos de Erundina Vázquez (Ateneo) ou María Varela (A Parada das Bestas).

E non podemos esquecer esa lexión de mulleres anónimas que día a día fan do polbo á feira un prato de alta cociña servido nos lugares máis humildes e que quero personificar en Aurora Baranda, a pulpeira do Carballiño, e Carmen Eyo, gañadoras do primeiro e segundo Concurso de Pulpeiras.

Nin das monxas de Ferreira de Pantón, e tantas outras que fan traballos similares, e todas esas cociñeiras das que nunca saberemos os seus nomes e que nos fan e nos fixeron a vida máis doce e máis saborosa. A tía Aurora e a tía Pepita, que cociñaron as mellores colinetas do mundo. A avoa Josefa, que nun tempo que non coñecín cociñaba a domicilio en bodas e celebracións, algo que agora pensan que están inventando nas cidades.

Todas elas son, en Galicia, unha potencia que debería manifestarse públicamente.

5 thoughts on “Cociñeiras galegas

  • 09 de Marzo de 2010 at 09:53 09Tue, 09 Mar 2010 09:53:00 +000000.
    Permalink

    Te iba a decir que te olvidaste de mi madre, pero supongo que se puede incluir en el penúltimo párrafo. No me gustan los ‘días dedicados a…’, porque a veces parece que el acordarse un día nos dá derecho a olvidarnos los otros 364 días del año, pero debo reconocer que es un bonito post.

    Reply
  • 09 de Marzo de 2010 at 18:56 06Tue, 09 Mar 2010 18:56:32 +000032.
    Permalink

    Mini, me olvidé de mucha gente a la que pido disculpas. Y de todas las madres, incluida la mía, que son tan profesionales como cualquiera y merecen el mismo reconocimiento.

    Reply
  • 09 de Marzo de 2010 at 22:19 10Tue, 09 Mar 2010 22:19:31 +000031.
    Permalink

    ¿E as follas de limón e as roscas da tía Amparo?
    Humedeceronseme os ollos. Un bico.

    Reply
  • 10 de Marzo de 2010 at 17:44 05Wed, 10 Mar 2010 17:44:39 +000039.
    Permalink

    As follas de limón facíanas Carmen das Tanas e Julia dos Pinos, non Amparo.

    Reply
  • 10 de Marzo de 2010 at 18:56 06Wed, 10 Mar 2010 18:56:24 +000024.
    Permalink

    Estou de acordo co post de que a maioria das cociñeiras non se lle recoñece a sua labor na cociña e aademais con outro dato:
    A maioría do persoal de cociña son mulleres aínda que non pareza asía xa o que destacan son os homes e tamén apuntar que dende hai uns anos era maioría as mulleres que estudaban hostalería e a verdade e que a nivel nacional e de Galicia destacan os homes, polo que algo pasa…Graciñas polo post.

    Reply

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *