Benboa: quinta gama galega

A quinta gama vai, pouco a pouco, introducíndose na nosa axitada vida diaria e non é de estrañar á vista dos produtos cada vez mellores que están desenvolvendo as empresas do sector.

A gañadora dun dos premios Innoforum do Forum Gastronómico Santiago 2010 foi precisamente unha empresa galega deste sector, que elabora fundamentalmente pratos tradicionais da cociña galega a prezos máis que razoables: Benboa.

Durante a súa presenza no Forum puiden probar tres das súas especialidades que me sorprenderon moi gratamente. En primeiro lugar un polbo con queixo de San Simón moi saboroso e no seu punto, que deu paso a unha raia con allada verdadeiramente sorprendente. Penso que se lla poñen a calquera no prato sen previo aviso ninguén vai pensar que se trata dun produto de quinta gama: raia tenra, celmosa, no seu punto de cocción e moi saborosa, cun allada suave. Despois un flan coma o da casa, sempre que na casa se faga o flan como é mandado.

Aquí podedes escoitar a entrevista que realizamos a Paco Teira, un dos responsables da firma, en A Vivir que son Dos Días (Cadena SER Galicia)

Foto: www.benboa.com

2 thoughts on “Benboa: quinta gama galega

  • 04 de Marzo de 2010 at 22:35 10Thu, 04 Mar 2010 22:35:00 +000000.
    Permalink

    Tengo en la nevera un envase con el milhojas de pulpo y queso y un flan de queso esperando a ser degustados.

    Reply
  • 04 de Marzo de 2010 at 23:00 11Thu, 04 Mar 2010 23:00:59 +000059.
    Permalink

    Moi chula a entrevista, moitas gracias Miguel, foi un pracer coñecerte persoalmente despois de seguir a tua páxina dende hai anos. Un saudo

    Reply

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *