Arranca Xantar 2010

Dende hoxe e ata o próximo domingo (7 de marzo) Xantar ofrece en Ourense todo un mundo de gastronomía, con 18 restaurantes presentes nun único pavillón, ofrecendo unha ampla perspectiva das cociñas de Galicia, Asturias, Portugal, Badaxoz, Andalucía e Canarias, con prezos que oscilan entre os 19 e os 35 euros.

Ademais haberá talleres cun bo número de cociñeiros, entre os que destacan Flavio Morganti, Marcelo Tejedor, Xosé Cannas ou Jorge García. Tamén haberá catas de queixos, cócteles realizados con viño escumoso, tenreira galega, viños da D.O. Ribera del Guadiana e de Viña Costeira, bonito de Burela, peixes e mariscos, lamprea, produtos das Azores e de Canarias, cafés e cócteles e aperitivos.

No marco de Xantar celébrase o V Encontro Ibérico sobre Dieta e Saúde. Esta tarde (3 de marzo) participarei na mesa redonda sobre “Claves para a promoción da Gastronomía Saudable no Camiño de Santiago dende os medios de Comunicación” xunto con Enric Ribera, director de La Cuina de Catalunya, Pepe Oneto, xornalista gastronómico de COPE  e Faustino Castilla, director da Revista Viajes y Turismo.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *