¿Que tipo de cociña prefire vostede?

¿Que tipo de cociña prefire, a tradicional ou a moderna? Pregunta hoxe un xornal galego. Eu, a verdade sexa dita, preferiría que se deixaran de facer o parvo.

¿Cando conduce que prefire, respirar ou abrir os ollos? É a miña proposta para a próxima enquisa absurda, inda que tamén poderían preguntar se un prefire a man dereita ou o pe esquerdo, se lle vai máis a información de El Correo Gallego ou a de El Nuevo Siglo de Bogotá. Parecen non darse conta de que o ano ten 365 días que nos dan a posibilidade de gozar da cociña tradicional e da que eles chaman moderna, de probar a carne e o peixe, a cociña do país e a do país veciño e de países afastados.

Confunden o acto de comer cunhas eleccións nas que un so se pode decantar por un candidato. E preguntan sobre a cociña como o farían sobre a intención de voto: ¿Vostede a quen votaría, ao PP, ao PSOE ou a Rosa Díez?.

A Rosa Díez botábaa eu polo río abaixo, detrás da sartén que vai fritindo peixe.

– Pois motivos non lle faltan, señor Petisuis.

2 thoughts on “¿Que tipo de cociña prefire vostede?

  • 25 de Febreiro de 2010 at 15:32 03Thu, 25 Feb 2010 15:32:56 +000056.
    Permalink

    Completamente de acordo, ademais, desde cando a cociña moderna está en contradicción coa cociña tradicional? Non son opostos, senón que se complementan. A tradicional éche a esencia de moitos pratos de “cociña moderna” se estou entendendo ben ao que se refiren con ese apelativo.

    Reply
  • 25 de Febreiro de 2010 at 18:06 06Thu, 25 Feb 2010 18:06:19 +000019.
    Permalink

    A lo mejor se refiere a si preferimos la cocina de leña o la de inducción programable de última generación… Tonterías, dios mío…!!!

    Reply

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *