Berberechos express

As rúas do Franco e a Raíña seguen a ser zonas de referencia no mundo do tapeo en Compostela, e moi especialmente para os turistas e visitantes da cidade, xa que moitos residentes na mesma tamén visitan algúns locais destacados do Ensanche ou a zona de San Lázaro, unha das máis vitais nos últimos anos.

E se no Franco ou na Raíña vostede pide uns berberechos ao vapor e está atento descubrirá que en moitos locais empregan o chorro de vapor da cafeteira para abrir os moluscos, previamente depositados nunha xerra de aceiro e tapados, ou non, cun pano.

Abastos 2.0, a última incorporación ao mundo da tapa, ou mellor da “cociña miúda” como a eles lles gusta dicir, comezou a ofrecer os seus berberechos express coma unha homenaxe aos clásicos composteláns. “Pero descubrimos que dez segundos de vapor da cafeteira era o tratamento perfecto para uns bos berberechos e xa se incorporaron á nosa oferta normal“, comentan os responsables.

Este é o video, en tempo real, da preparación dos berberechos express que comín eu hai uns días.

Berberechos express de Abastos 2.0 from Miguel Vila on Vimeo.

ENTREVISTA en A vivir que son dos Días Galicia (Cadena SER) 13-02-2010

5 thoughts on “Berberechos express

  • 11 de Febreiro de 2010 at 11:34 11Thu, 11 Feb 2010 11:34:17 +000017.
    Permalink

    ¡la madre que los parió! Eso sí es usar el coco para algo sorprendente. ¡Qué bueno!

    Reply
  • 11 de Febreiro de 2010 at 21:35 09Thu, 11 Feb 2010 21:35:21 +000021.
    Permalink

    Buinísimos, Roberto, los berberechos así preparados están impresionantes

    Reply
  • 14 de Febreiro de 2010 at 00:11 12Sun, 14 Feb 2010 00:11:28 +000028.
    Permalink

    Iso parece ser que o levan facendo de toda a vida en sitios coma “O Rápido” na Raíña, de feito non hai moito que llos vin facer alí dese xeito.

    Reply
  • 14 de Febreiro de 2010 at 00:13 12Sun, 14 Feb 2010 00:13:46 +000046.
    Permalink

    AH! Eles fano nunha xerra das de quentar o leite para os cafés, desas que teñen unha pequena asa que facilita un pouco ese proceso.

    Reply
  • 14 de Febreiro de 2010 at 10:41 10Sun, 14 Feb 2010 10:41:27 +000027.
    Permalink

    Efectivamente, eliziza, no Rápido seguen a facelo. En Abastos 2.0 comezaron a facelo precisamente como homenaxe a eses clásicos do Franco e a Raíña

    Reply

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *