Polbo, San Simón e remolacha

Hoxe comín en Abastos 2.0. E tiven a gran sorte de facer de cochinillo de indias (¿ou era de coello?) cun prato que estará na oferta da casa en calquera momento: polbo con remolacha e escuma de queixo de San Simón.

Impresionante. O ben que casan o polbo e a escuma de queixo de San Simón é moi, pero moi sorprendente. Á remolacha aínda lle queda algo para integrarse ben no prato, pero xa digo que está en probas.

Antes de marchar preguntei cando vai estar na oferta formal da casa para volver.

Do resto da comida falarei nun próximo post, que agora marcho á inauguración de Ao pé do lar.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *