Os beberechos e a verdade

BerberechosNoutro tempo ata os analfabetos sabían moito gracias á transmisión oral do coñecemento por medio de ditos e refráns como aquel de que “non é ouro todo o que reloce” ou o que di que “no es tan fiero el león como lo pintan“, refrán que deu lugar á aparición dun novo animal africano, o lopintan, en cuxa existencia, non o dubiden, máis de un cre nestes tempos.

Á vista está que se leva cada vez menos a vella teima de contrastar a información, algo que na facultade de Ciencias da Información, e antes na vella Escola Oficial de Periodismo, era a cantinela de tódolos profesores. Os tempos van cambiando e hoxe o xornalista xa non é imprescindible para informar. Foino mentres os medios de comunicación estaban absolutamente corporativizados. Inda lembro os tempos da transición, nos que eu comecei a miña andadura profesional, nos que era condición imprescindible para dirixir un medio de comunicación estar en posesión do carné oficial de xornalista.

Internet democratizou o acceso aos medios de comunicación porque, inda que o xuíz que condena á cadea aos xornalista da Cadena SER o negue, os demais temos ben claro que internet, nas súas distintas manifestacións, é un medio de comunicación máis.

Os xornalistas nunca tivemos boa fama. Como dicía aquel parente meu, famoso alcalde mariñao, cando soubo que ía estudar xornalismo: “periodista non hai un bo“. Sempre nos tacharon de mintireiros aqueles ao que non lles ía ben na feira de información, como era o caso do meu parente, pero tradicionalmente o xornalista limitábase a transmitir o que outros lle contaran ou o que lera, como agora fan moitos internautas da máis diversa pelaxe.

A diferenza era que o xornalista sempre levantaba o dedo para sinalar. Era o “me lo dijo Adela” do vello chachachá, mentres que moitos internautas, nun afán desmedido de protagonismo, se limitan a copiar, pegar, cacarexar as súas ideas e calar sobre a fonte das mesmas. De seguir así as cousas, conforme os lectores vaian caendo do guindo, irase lavando, ou non, a reputación do xornalista e enmerdandose a do internauta. ¡Empezamos ben a aventura da información democrática e universal!.

– Vóume, non o aguanto máis a vostede e a súa perorata, señor Vila.

– Vaia, Petisuis, ten vostede razón. Agarde un momentiño máis que lle vou decir xa a onde quería chegar.

Viña esto a conto de que cando un fala de oídas corre o risco de meter a pata ata o fondo, como fai hoxe, nunha entrevista publicada en La Voz de Galicia, a Vicepresidenta da Deputación Provincial de Lugo, que di “Para este exercicio destinaremos 25.000 euros a promocionar produtos da comarca, como o berberecho, a merluza, o bonito …”.

Ven a conto a entrevista pola celebración o 16 e 17 de febreiro da Festa do Berberecho de Foz, na que colabora a Deputación Provincial. Imaxino que a Vicepresidenta pensaría, antes ou durante a entrevista: “Se en Foz se celebra unha festa do berberecho será porque en Foz se produce berberecho, e se a Deputación apoia a festa podemos dicir que apoiamos os produtos da provincia“. Máis lle valera á Vicepresidenta ter preguntado antes sobre os motivos da festa, a produción focense de berberecho, e tamén sobre a produción mariñá deste molusco e o seu valor. Non sei canto diñeiro destinou a Deputación á Festa do Berberecho de Foz. Pero aposto os dedos da orella a que supera, con moito, o valor da produción de berberecho de toda a provincia de Lugo nun ano.

En todo 2009 vendéronse nas lonxas lucenses 293 quilos de berberechos, por un valor de 1.122,47 euros. Todos eles nas lonxas de Burela, O Vicedo e San Cibrao. Descoñezo de onde procederán os 7.000 quilos de berberecho que se van despachar na festa.

6 thoughts on “Os beberechos e a verdade

  • 16 de Xaneiro de 2010 at 12:14 12Sat, 16 Jan 2010 12:14:14 +000014.
    Permalink

    ¡Qué bueno, Miguel! Al saber de la fiesta por un anuncio de radio la semana pasada, me dirigí a mi costillo que trabaja en la Consellería do Mar, para que me dijera exactamente los datos que has plasmado tú. Yo, no soy entendida en la materia, sólo aficcionada y nunca había oído como referente del berberecho gallego a la localidad de Foz (podría serlo, ya te digo que lo asocio más a otras comarcas). Entonces, me surgió la duda de qué es lo que se va a promocionar en tal fiesta. ¿Acaso el hermanamiento y que el pregonero tiene más tirón que Bisbal?, ¿no se sentirán otras poblaciones dañadas por la misma al ser olvidadas por sus diputaciones para hacer estas exaltaciones? o es que ya no importa lo que se haya que promocionar y lo realmente importante sea facer unha festa gastronómica (como la del Ratibrón)…….sólo falta que a los de mi barrio se les de por celebrar la fiesta de la lamprea.
    En fin, …cosas veredes y no actuaredes

    Muacs dulces

    Reply
  • 16 de Xaneiro de 2010 at 15:40 03Sat, 16 Jan 2010 15:40:39 +000039.
    Permalink

    Proceden de Rianxo,segundo contaron na radio, pero hoxe en Foz promocionouse algo máis que o berberecho de Rianxo: promocionouse Revilla, porque non lle chega que se rian del no programa de Buenafuente. Nun pregón medio improvisado soltou as súas pérolas de sempre, que se é moi español, que se a súa anchoa, que aquelo do caciquismo de toda a vida en pequenas doses está ben (iso de levarlle o paquetuco ao médico, ao alcalde, que xa nos miran mellor, por iso el vai cun paquetuco onde Zapatero e onde o Rei) pero que vestir de gorra en Valencia está mal, que Cantabria é unha marabilla pero Foz e Lugo tamén molan, que a ver se lle dan o recoñecemento de Patrimonio da Humanidade á basílica de San Martiño “que a peores cosas se lo han dado (sic)” e por aí. Polo visto, o alcalde de Foz atopou -non dixo o tempo que empregou- oito ou dez berberechos na praia e que vai facer o posible por rexenerar aquelo para que volte producir. E non sigo, que me da a risa por non chorar da caste de políticos que temos, propios, alleos e demais.

    Neste blog tamén falan do asunto:
    http://fozhoy.blogia.com/2010/011401–fiesta-del-berberecho-en-foz-o-promocion-de-negocios-privados-con-dinero-public.php

    Reply
  • 16 de Xaneiro de 2010 at 16:12 04Sat, 16 Jan 2010 16:12:07 +000007.
    Permalink

    ¡Xa o entendo! O alcalde de Rianxo é do Valadouro, así que os berberechos de Rianxo son da comarca. Ademáis o presidente da Deputación da Coruña é de Foz, Rianxo está na Coruña, polo tanto os berberechos de Rianxo son de Foz. Por rirme dun siloxismo parecido botáronme da clase de filosofía cando estudaba o bacharelato en Mondoñedo.

    Reply
  • 16 de Xaneiro de 2010 at 18:47 06Sat, 16 Jan 2010 18:47:55 +000055.
    Permalink

    Aínda estando de acordo en moito do que dí sobre o coy&paste en internet, non teño claro se ten relación co que conta hoxe. A gambada da Vicepresidenta da Deputación non ten moito que ver con que o lera en internet, supoño, e por outra pare, o xornalista que fixo a entrevista podería haber estado máis avisado -ou simplemente informado- para expoñerlle á tal señora que en Foz non hai nin berberechos nin ibérico de bellota.
    Os seus lectores levamos tempo agardando a que destape a caixa dos tronos dunha vez co tema ese de rigor no internete, tema que por outra parte ten bastantes aristas. Anímese, ho, e concrete, que a cousa seguro que vai dar de si e non creo que ningún xuiz lle vaia acusar de revelación de segredos.

    Reply
  • 16 de Xaneiro de 2010 at 19:59 07Sat, 16 Jan 2010 19:59:41 +000041.
    Permalink

    A relación entre a gambada da Vicepresidenta e o rigor de moitos blogs está no feito de que moitas veces se dan por certas as cousas se preguntar antes se o son ou no. Pasoulle á Vicepresidenta e pásalles a moitos que dan por boa calquera cousa que miran por aí e non teñen o menor problema en reproducila sen contrastala previamente.
    En canto ao xornalist, o seu traballo non é sacar do erro á entrevistada, senón transmitir o que ela di, por moito que tamén é probable que o propio xornalista non tivera nin remota idea de se en Foz se producen berberechos ou non. Nin o sabía eu, que son da Mariña. Pero si sei onde están as fontes e antes de publicar algo de oídas vou a elas.
    Sobre o do rigor en internet, estou pensando en montar un novo blog que se chame “Pilleite” para destapar as fontes ocultas do que publican algúns por aí como propio. Publicaría coas súas datas o orixinal e a copia. Material non falta, ou único que falta polo momento son gañas de que me rompan a cara. ¡Pero estounas facendo!

    Reply
  • 17 de Xaneiro de 2010 at 00:08 12Sun, 17 Jan 2010 00:08:13 +000013.
    Permalink

    Sabes qué pasa Miguel, que los blogs y algún “periodismo gastronómico”, se está manejando como los programas de la prensa del corazón… Ayer mientras veía el DEC y oía gaguear a dos o tres por el tema de los Mohedano-Ortega Cano, me percataba de esto… Si los ¿periodistas? del corazón informan como cierto lo que conocen de referencia, qué no podrán hacer otros, si hoy día se vive bombardeado de los modelos y el “ejemplo” que ofrece la salsa rosa.

    Reply

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *