Vedas do marisco en Galicia

CentolaO Diario Oficial de Galicia publicou o o último día de 2009 o Plan Xeral de Explotación Marisqueira para 2010. De seguido recollemos as datas dos períodos hábiles vedas dos crustáceos. Para o caso de ameixas, berberecho, longueirón, polbo, ourizos, etc., as datas establécense en función da cada zona, polo que é mellor consultar o DOG

Nécora (Necora puber). Do 2 ao 5 de xaneiro. Do 5 de xullo ao 31 de decembro.

Lumbrigante (Homarus gammarus). Do 1 de xullo ao 31 de agosto.

Lagosta (Palinurus elephas) Do 1 de xullo ao 31 de agosto.

Santiaguiño (Scyllarus arctus) Do 1 de outubro ao 31 de decembro.

Cangrexo (Carcinus maenas) Todo o ano.

Conguito (Macropipus corrugatus) Do 2 xaneiro ao 31 de marzo. Do 1 de xullo ao 31 de decembro.

Patulate (Macropipus depurador) Do 2 xaneiro ao 31 de marzo. Do 1 de xullo ao 31 de decembro.

Centola (Maja squinado) Do 2 de xaneiro ao 30 de xuño. Do 28 de novembro ao 31 de decembro.

Nas zonas sinaladas no anexo I queda prohibido o calamento de artes de enmalle desde o 1 ao 31 de xaneiro e desde o 28 de novembro ao 31 de decembro.

Boi (Cancer pagurus) Do 2 de xaneiro ao 30 de xuño. Do 28 de novembro ao 31 de decembro.

Nas zonas sinaladas no anexo I queda prohibido o calamento de artes de enmalle desde o 1 ao 31 de xaneiro e desde o 28 de novembro ao 31 de decembro.

2 thoughts on “Vedas do marisco en Galicia

  • 06 de Outubro de 2010 at 13:47 01Wed, 06 Oct 2010 13:47:30 +000030.
    Permalink

    estas no son las fechas de las vedas, sino de los periodos habiles¡¡¡¡

    Reply
  • 06 de Outubro de 2010 at 14:20 02Wed, 06 Oct 2010 14:20:39 +000039.
    Permalink

    Efectivamente, peteiro, en el post había un error que ya subsané. Gracias por avisar 🙂

    Reply

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *