Convocado o 2º Concurso de Pulpeiras

O segundo Concurso de Pulpeiras Forum Gastronómico Santiago celebrarase o 20 de febreiro nun escenario de luxo: a Praza de Abastos de Santiago de Compostela.

En 2008 a primeira edición do concurso colleitou un éxito rotundo, cun auditorio cheo de público mirando como nove pulpeiras e pulpeiros procedentes de toda Galicia desempeñaban o seu labor derriba dun escenario. Probablemente foron as primeiras “pulpeiras de cámara” da historia.

O prazo de inscripción para o concurso xa se abriu. As bases, que se poden consultar na web do Forum, introducen este ano a novidade de permitir a participación no so das pulpeiras que andan polas feiras, senón tamén das que teñen local fixo, como é costume en moitas zonas do país.

Como non teño fotografías da primeira edición (era membro do xurado) deixo aquí unha galería de pulpeiras na Santa Minia de Brión. Algunhas delas participaron no concurso.

7 thoughts on “Convocado o 2º Concurso de Pulpeiras

  • 14 de Xaneiro de 2010 at 23:38 11Thu, 14 Jan 2010 23:38:27 +000027.
    Permalink

    Pois a foto que colga, supoño que da entrga de premios, non ten o menor desperdicio. O escenario de riguroso negro-deseño-plato-cadrado e as premiadas cos seus mandilóns-bata de cadriños. Moi revelador.

    Reply
  • 15 de Xaneiro de 2010 at 12:31 12Fri, 15 Jan 2010 12:31:26 +000026.
    Permalink

    Efectivamente a foto é da entrega de premios. As pulpeiras fixeron o seu traballo no mesmo escenario que ao longo do Forum empregaron algúns dos máis famosos cociñeiros do mundo, pero os pratos eran redondos e de madeira. Picando na foto co botón dereito do rato e despois en “ver imaxe” poderá vela ampliada. Detrás do fotográfo había arredor de 500 persoas , que encheron a sá para asistir ao concurso.

    Reply
  • 15 de Xaneiro de 2010 at 15:03 03Fri, 15 Jan 2010 15:03:05 +000005.
    Permalink

    Santo Cristo de Fisterra!!!! abrín a foto como vostede dixo, e…. iso que teñen vostedes ao seu carón (supoño que son o xurado: vostede por detrás, unha señora e un señor peludo) é unha Cocacola???????? Menos mal que aparecen todas máis ou menos sen beber….
    (non me tome moi en serio que teño síndrome de cú plano: demasiados días sen me levantar da silla máis que para mexar e para durmir e alimentación a base de café e madalenas)
    De todos os xeitos coincidirá conmigo en que a Praza de Abastos é un marco bastante máis incomparable para preparar e catar o pulpo
    PS. Lémbrolle que me debe nonseiqué grolo para sonseicando.

    Reply
  • 15 de Xaneiro de 2010 at 19:09 07Fri, 15 Jan 2010 19:09:49 +000049.
    Permalink

    Coca Cola patrocinaba o concurso e as botellas tiñan que estar derriba da mesa para saír na foto. Pero asegúrolle que ninguén do xurado a probou.
    Esi, a Praza de Abastos é un marco incomparable, pero para min a primeira edición e o lugar de celebración tivo un valor moi especial, xa que era levar aos cociñeiros máis modestos do país a ocupar por unhas horas o templo da alta gastronomía.

    Reply
  • 16 de Xaneiro de 2010 at 12:03 12Sat, 16 Jan 2010 12:03:05 +000005.
    Permalink

    Rafa, te agradezco el enlace con el video

    Reply
  • 09 de Febreiro de 2010 at 14:10 02Tue, 09 Feb 2010 14:10:52 +000052.
    Permalink

    Hola,
    Me preguntaba la duracion del evento, inicia a las 12 y hasta que hora? y el publico en general de que manera participa en el?

    Reply

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *