El capón de Vilalba y su cocina

Falábamos hai uns días do capón de Vilalba de cinco meses e iso danos a oportunidade de traer hoxe a estas páxinas o último libro de Matilde Felpeto; El capón de Vilalba y su cocina.

Editado por Nigra Trea, cun prezo de 15 euros, o libro presentouse en Vilalba nos días anteriores á última feira do Capón.

O libro comeza cun pequeno apartado dedicado á historia do capón, que ao parecer naceu na Roma imperial, e aos métodos de cría empregados en Vilalba (Lugo), para continuar con máis de corenta receitas de capón e máis dunha ducia de gornicións para acompañalo.

A autora xa ten publicados na mesma editorial Recetas de la cocina familiar gallega (2006) e Cocina con alvariño (2007) e traballa na actualidade nun novo libro sobre repostería galaico-portuguesa.

One thought on “El capón de Vilalba y su cocina

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *