Croquetas de caldo

Quedaba unha miñaxoia de caldo, nin medio prato daba, e un bocado de cachola. E na neveira agardaba un capón de Vilalba, capón de cinco meses, do que falarei nun próximo post, agardando ser asado para a comida do día seguinte.

¿Merecía a pena gardar aquel pouco de caldo?. O certo era que non, pero mentres cavilaba en que facer con el viume á cabeza unha vella idea que nunca puxera en práctica: croquetas de caldo.

Dito e feito. Foi o caldo a unha pota, púxeno ao lume, esmaguei as patacas que aínda quedaban enteiras e engadín, moi cortadiña, a cachola. Cando estivo quente engadín a fariña que previamente torrara un chisco nunha tixola, para evitar o sabor a fariña crúa. E despois o leite preciso. E remexe que te remexe ata que a masa quedou no seu punto.

A partir dese momento procedín como con calquera outra croqueta. Deixar arrefriar a masa, envolver as croquetas, pasalas por pan relado, ovo batido e máis pan relado.

Fritilas en aceite ben quente e agardar a reacción dos comensais. Gustáronlles a todos.

A partir de hoxe non vou ter dúbidas de que facer con ese último medio prato de caldo que sempre queda no fondo da pota. Ou igual si teño dúbidas: na exposición Ao pe do lar, que se inaugura a comezos de febreiro como preámbulo do Forum Gastronómico de Santiago, vai unha receita moi vella para o aproveitamento do caldo que é cousa notable. Igual dubido entre unha e outra.

8 thoughts on “Croquetas de caldo

  • 10 de Xaneiro de 2010 at 22:13 10Sun, 10 Jan 2010 22:13:24 +000024.
    Permalink

    Muy buenas, si señor. Cuando quieras repetimos.

    Reply
  • 11 de Xaneiro de 2010 at 15:09 03Mon, 11 Jan 2010 15:09:25 +000025.
    Permalink

    me gusta la idea, la pondre en practica en cuanto tenga oportunidad: la sabiduría de la cocina está en reciclar todo, aunque a veces resulte aparentemente poco económico (sobre todo si contabilizamos el tiempo). Una pregunta, ¿quedaron muy oscuras las croquetas?, y si fue asi, ¿hasta que punto podría influir esa coloración en la aceptación del plato, sobre todo por pequeños?

    gracias

    Reply
  • 11 de Xaneiro de 2010 at 15:52 03Mon, 11 Jan 2010 15:52:40 +000040.
    Permalink

    Barón de Callobre, el caldo que yo usé tenía poca verdura y no quedaron obscuras. Los niños las comieron estupendamente. Uno de ellos levantó el pulgar al probar la primera, en señal de aprobación. Y resulta que no le gusta el caldo.
    Sobre la economía de este reciclaje, evidentemente resulta caro porque ocupa bastante tiempo. Pero merece la pena porque las croquetas estaban riquísimas.

    Reply
  • 12 de Xaneiro de 2010 at 10:10 10Tue, 12 Jan 2010 10:10:13 +000013.
    Permalink

    La verdad es que nunca sabía que hacer con ese poco de caldo que suele sobrar y ya no quiere nadie y probé tu receta de croquetas (sustituyendo cachola por restos de lacón), y aunque no conseguí darle el punto de textura a la masa la verdad es que estaban muy buenas de sabor… Gracias por la idea.

    Reply
  • 12 de Xaneiro de 2010 at 19:59 07Tue, 12 Jan 2010 19:59:14 +000014.
    Permalink

    Mini, tal vez te faltó un poco de harina… o más cocción

    Reply
  • 12 de Xaneiro de 2010 at 23:00 11Tue, 12 Jan 2010 23:00:50 +000050.
    Permalink

    ¿Y no se os ocurrio mandar la prueba, aunque fuera por fax?. Norma, el día que D. Miguel decida repetir, acuerdate de mi y avisame; si puedes usa tu influencia para que sea en el mes de agosto.

    Reply
  • 15 de Xaneiro de 2010 at 15:35 03Fri, 15 Jan 2010 15:35:22 +000022.
    Permalink

    Hola Miguel, as croquetas con caldo son espectaculares, moito máis lixeiras que con leite. Nós no local facíamos unhas de lacón con grelos e en lugar de leite na bechamel usábamos o caldo do cocido. A Mini decirlle que na miña casa tamén se usa o caldo para facer filloas (caldo, pataca e grelo esmagado, ovos e fariña), e están ben boas

    Reply
  • 15 de Xaneiro de 2010 at 19:05 07Fri, 15 Jan 2010 19:05:02 +000002.
    Permalink

    JLG, efectivamente as croquetas nas que o leite se substitúe por caldo son moi ricas. Pero estas son croquetas de caldo galego, coas súa fabas, patacas e nabizas.

    Reply

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *