Novedependencia

Novedependencia é o que parece ter a Guía Michelín en Galicia nos últimos anos, exactamente no que levamos de século.

Ata 2004 en que chegou a estrela a Casa Marcelo, Solla era o único restaurante do grupo que tiña unha distinción gañada en tempos de Pepe Solla pai e mantida firmemente por Pepe Solla fillo.

Pero desde ese ano seis das oito estrelas concedidas a restaurantes de Galicia recaeron en cociñeiros do Grupo: A Rexidora, Retiro da Costiña, Yayo Daporta, Pepe Vieira e A Estación, ademais da citada Casa Marcelo.

Playa Club e As Garzas son as dúas únicas estrelas do século XXI que non teñen relación con Grupo Nove.

A sensación de novedependencia intensifícase se temos en conta os restaurantes que perderon a súa estrela no que vai de século: Toñi Vicente, Loliña, Rotilio, Roberto e Playa Club. Ningún do Grupo Nove, que mantén intactas todas as súas estrelas.

E se caemos na conta de que os dous únicos restaurantes alleos a Nove con estrela na actualidade corresponden a esa categoría denominada de produto a sensación é xa plena.

Dito todo isto, reafírmome na idea xa expresada de que Michelín é unha empresa privada que co seu diñeiro e a súa guía fai o que lle dá a gana. Isto non é unha oposición onde hai que garantir as mesmas oportunidades a todos.

Pero non menos certo é que este tipo de cousas está sesgando a percepción que ten o público, e máis o de fóra de Galicia, da cociña galega. Empeza a dar a impresión de que fóra de Nove non se fai máis cociña que a tradicional, mal chamada de produto, pero a realidade é que temos cociñeiros tan destacados como Flavio Morganti, Enrique Castillo, André Arzúa, Jaume García, Álvaro Vilasante, Pedro Roca e moitos outros que fan unha cociña moi persoal e pertencen a outros grupos ou van por libre.

Nove ten o mérito engadido de que aproveita como pode as oportunidades que se lle brindan e os resultados son patentes.

A dúbida é se os demais non saben aproveitar as súas oportunidades ou é que non as teñen

15 thoughts on “Novedependencia

  • 13 de Decembro de 2009 at 13:03 01Sun, 13 Dec 2009 13:03:04 +000004.
    Permalink

    Escribiches con moito sentido. (Espero que ninguén che saque as verbas fora de contexto). É moi interesante tamén a lista que mencionas de cociñeiros que non están no grupo Nove… ¿cal é o nome dos seus restaurantes? (Polo nome, non son capaz de saber onde traballa Álvaro Vilasante, por exemplo)

    Reply
  • 13 de Decembro de 2009 at 13:24 01Sun, 13 Dec 2009 13:24:55 +000055.
    Permalink

    Para facilitar o labor de identificar cada cociñeiro co seu restaurante acabo de enlazalos coa súa web. Nos casos de Villasante e Roca, que non teñen web, enlazo con outros blogs de confianza que escribiron sobre ambos restaurantes. Álvaro Villasante traballa en Páprika (Lugo)

    Reply
  • 13 de Decembro de 2009 at 20:28 08Sun, 13 Dec 2009 20:28:07 +000007.
    Permalink

    En mi caso particular, encantada de las estrellas de NOVE, pero para pensar el hecho de que la Guía no mire en otras direcciones, por lo menos para mi sigue siendo inexplicable la “no estrella” de Flavio Morganti (Galileo) o la de Pedro Roca (aunque éste como tal lleva menos tiempo)

    Reply
  • 13 de Decembro de 2009 at 21:01 09Sun, 13 Dec 2009 21:01:21 +000021.
    Permalink

    Sole, evidentemente yo también estoy encantado de las estrellas de Nove. ¡Y muchas más que vengan! Pero efectivamente es difícil entender que Flavio no tenga la suya. Y aunque Pedro solo lleve un año con su restaurante abierto, tiene detrás una trayectoria impresionante en el Caney.

    Reply
  • 13 de Decembro de 2009 at 22:21 10Sun, 13 Dec 2009 22:21:36 +000036.
    Permalink

    Tamén son dos que pensan que en Galicia tería que haber moitas máis estrelas e que das que hai non sobra ningunha. Algunha dentro de Nove (probablemente Rafa Centeno, ainda que moita xente pense que non é do meu gusto, merecería a estrela da que nestes últimos Vigo carece) e unhas cantas fora, tanto en lugares de cociña de produto como en lugares máis creativos. E dentro destes, sen dúbida Morganti, por traxectoria (traxectoria editorial incluida) sería un dos primeiros. Ademáis dos comentados, igual o coruñés Alborada, algún dos clásicos de toda a vida… Cada un terá os seus, pero eu penso que Galicia ben merecería un feixe máis de estrelas.

    Reply
  • 13 de Decembro de 2009 at 22:43 10Sun, 13 Dec 2009 22:43:05 +000005.
    Permalink

    En ningún caso vou defender á Vía Michelín, pero penso que restaurantes coma o Velis Nolis, e A Casa dos Martínez están lonxe de recibir unha estrela, e non penso que tampouco estean nesa liga actualmente, sen que iso sexa un menosprezo pola miña parte. De feito son un auténtico fan deste último.

    Por outra banda, a miña visita ao Loliña foi posterior á perda, e aínda me pregunto como puido tela algunha vez.

    Concordo iso sí no de Flavio, aínda que a miña visita foi nunha xantanza e non me parece o mellor xeito de valoralo.

    Reply
  • 14 de Decembro de 2009 at 00:49 12Mon, 14 Dec 2009 00:49:16 +000016.
    Permalink

    A ver si me explico ben. Eu non digo que Velis Nolis ou A Casa dos Martínez aspiren a unha estrela, senón que están entre os restaurantes que non se integran entre os denominados “de producto”, que o fan moi ben e non teñen a mesma repercusión que os de Nove. É dicir, que no so en Nove se fai unha cociña moderna, actual, creativa e de calidade. As estrelas quedan aparte desta reflexión.
    Alégrome de que Gourmet saque o Alborada, que se me esquecera.

    Reply
  • 14 de Decembro de 2009 at 13:00 01Mon, 14 Dec 2009 13:00:16 +000016.
    Permalink

    Non acabo de entender cal é o problema, si o hai, en que os que reciben a maza envenenada da estrela pertenzan ou deixen de poertencer a un grupo concreto (grupo que por outra banda, tampouco sei moi ben para que serve visto o estado de ocupación de algun dos seus membros)…

    Eu tamén sou dos que pensa que en Galicia, e no resto do estado, existen enormes inxustizas por parte da guia das rodas pero, coma ven indicaches Miguel, tratase dunha guia dunha empresa privada que decide o que lle peta e premia a quen lle peta…

    A dimensión mediatica do Grupo Nove (mais ven grupo 17 na actualidade) creo que ten unha influencia bastante relativa no feito de ser os que mais estrelas aglutinan… Por outra banda, non sei se me equivoco pero, por exemplo, A Costiña entrou no grupo despois de conseguida a estrela por vez primeira… repito que este ultimo dato non o podo confirmar de xeito total…

    Reply
  • 14 de Decembro de 2009 at 16:27 04Mon, 14 Dec 2009 16:27:22 +000022.
    Permalink

    Boas. Concordando no da mazá embelenada, creo que non se ten en conta o teorema do neumático: a densidade de estrelas dunha zona da é inversamente proporcional ao cadrado do desgaste das rodas do automóbil ou avión producido para chegar da fronteira francesa ata a área en cuestión. E o demais son milongas.

    Reply
  • 14 de Decembro de 2009 at 17:40 05Mon, 14 Dec 2009 17:40:22 +000022.
    Permalink

    José Luis, ninguén fala de problemas. Limítome a constatar unha realidade.
    O Retiro da Costiña xa estaba no Gripo Nove cando lle condederon a estrela.
    A estrela do Retiro conoceuse o 21 de novembro de 2007. Varios meses antes, concretamente o 24 de xullo de 2007, presentábanse na FNAC da Coruña aquelas postais nas que os cociñeiros de Nove aparecían como personaxes de circo, e entre eles “os fabulosos irmáns García” http://www.colineta.com/2007/07/25/527/

    Reply
  • 14 de Decembro de 2009 at 17:43 05Mon, 14 Dec 2009 17:43:53 +000053.
    Permalink

    eSedidió, está gracioso o seu teorema, pero chócame que se cumpra en Cataluña ou Euskadi, fronteirizos con Francia, e tamén en Tokio, que queda ao fondo á dereita. Tamén é ben certo que eu son de letras, así que non vou entrar a discutir teoremas de física. Deus me libre de falar do que descoñezo… e moito máis de escribilo, que sempre queda rastro.

    Reply
  • 14 de Decembro de 2009 at 19:15 07Mon, 14 Dec 2009 19:15:27 +000027.
    Permalink

    Vale, enton ¿as estrelas se conceden en virtude de pertencer a un grupo de presión mediatica?… e que, repito, eu son cortiño de por si, pero non acabo de entender a relación que se indica…

    Reply
  • 14 de Decembro de 2009 at 19:56 07Mon, 14 Dec 2009 19:56:51 +000051.
    Permalink

    Louzán, hai varias entrevistas publicadas con Benito Lamas, que é o xefe dos inspectores de Michelín en España. Pon en Google o seu nome e a palabra michelín e atópalas á primeira. Nalgunha explica os criterios que seguen para a concesión das estrelas. Por certo que Lamas é galego, o mesmo que outros tres inspectores, o que supón un terzo da ducia que hai en España

    Reply
  • 15 de Decembro de 2009 at 10:00 10Tue, 15 Dec 2009 10:00:38 +000038.
    Permalink

    É que Tokio é costa abaixo 🙂

    O teorema do neumático só é aplicábel á Guía ibérica, logo. Mágoa: eu que xa me vía optando a unha beca de I+D ou algo así….

    Reply
  • 15 de Decembro de 2009 at 21:24 09Tue, 15 Dec 2009 21:24:40 +000040.
    Permalink

    Onde o vexo a vostede de becario én no Bulli. Abofé que si.

    Reply

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *