Ignorancia

¡Que ignorantes somos!

– Se o di por vostede, empregue a primeira persoa e non meta a tododios no mesmo saco, que por aí anda quen de ignorante non ten nada, ou polo menos iso parece.

– Pois vale, Petisuis, rectifico para dicir ¿que ignorante son!.

Resulta que eu pensaba que a semana de seis días a inventaran os de Gomaespuma co obxectivo de traballar catro días seguidos e descansar dous, pero agora descubro que xa se usou en Rusia, nos primeiros anos que seguiron á Revolución de Outubro (chegaron ata a ter semana de cinco días, que iso si é semana) e tamén a formulou o pai de Martín Varsavsky, inda que neste caso con claras connotacións económicas.

A semana de seis días de Gomaespuma parecíame unha gran semana. Ata que souben da semana de cinco días rusa, que me pareceu mellor. Pero teño que recoñecer que a semana que máis me gusta de todas é a Semana del Cocido Gallego. Sábado 31 y domingo 1 de noviembre.

Unha semana de dous días, e os dous en fin de semana, é a miña opción definitiva.

Claro que sempre haberá quen non estea de acordo con esta redución. Especialmente os afeccionados ao muíño, que xa hai tempo se manifestaron partidarios da semana longa:

Unha noite no muíño
unha noite non é nada
unha semaniña enteira
eso si que é muiñada

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *