A virxinidade perdida

A mediados de agosto publicaba o anuncio dunha pretendida guía de ocio online que buscaba redactores que escribiran dende a casa sobre restaurantes.

Gustaríame agora darlles novas sobre o asunto e descubrirlles de que guía ou negocio se trataba, pero aínda que mandei un curriculum, iso si algo amañado, non lles debín gustar e non me chamaron, polo que quedei coas gañas.

Pero voulles contar o último chisme que me chega sobre una iniciativa parecida. E como o escoito por ambos oídos a cousa ten visos de realidade.

Parece que se está a organizar un negocio consistente en posicionar restaurantes en internet por medio de críticas, crónicas ou comentarios en blogs gastronómicos. Os organizadores do asunto, aos que supoño ánimo de lucro, tiran moi alto (seguro que por iso non me chamaron a min) e ofrecen billetes de avión, hotel e gastos pagos a quen acepte a proposta. Trátase, como xa imaxinan, de visitar certos restaurantes e escribir sobre eles, é de supoñer que ben. Tamén hai que supoñer que os restaurantes pagan o traballo. En definitiva, nada que non fagan xa ducias de empresas, feiras, congresos e axencias de relacións públicas cos profesionais.

Estou seguro de que van recibir moitas negativas, pero tamén é seguro que sempre atoparán bloggers dispostos a calquera cousa. Como xa dixen outras veces, no mundo dos blogs gastronómicos cada vez é máis tenue a liña que separa o amateurismo da profesionalización. Ao final nin este é un mundo tan virxinal como algúns se empeñan en crer nin tódolos profesionais teñen cornos e rabo e cheiran a xofre.

E como sempre eu sigo a medio camiño entre o blogger e o profesional, doctor Jekyl de día e míster Hyde de noite. A mellor posición para levar tódalas hostias e que, finalmente, acabará custándome algún amigo e moitos coñecidos

6 thoughts on “A virxinidade perdida

  • 17 de Outubro de 2009 at 19:29 07Sat, 17 Oct 2009 19:29:57 +000057.
    Permalink

    Interesante, muy interesante, pero al final corresponderá a la gente que lea el filtrar los comentarios.

    Comentar que yo tambien envié curriculum, para ver si me enteraba de que empresa era, pero no picaron …

    Reply
  • 18 de Outubro de 2009 at 10:35 10Sun, 18 Oct 2009 10:35:05 +000005.
    Permalink

    Tony, me temo que aquí, como en muchas otras cosas, la capacidad crítica de la gran mayoría de los lectores es nula, así que no confío nada. No hay más que ver la programación que trinúnfa en televisión, o saber que el museo más visitado de España es el del Real Madrid o el catálogo más leído no es el de la última gran exposición sino el de Ikea. Elde la gastronomía no es un mundo aparte, así que mucho me temo que repetiremos los mismos modelos.

    Reply
  • 18 de Outubro de 2009 at 13:02 01Sun, 18 Oct 2009 13:02:39 +000039.
    Permalink

    Por lo que veo, fuimos unos cuantos los que enviamos el currículum para enterarnos de qué empresa montaba este tinglado. A mí me parece muy poco ético, pero también es verdad que cada semana se postea publicidad disfrazada de información en muchos blogs de cocina y gastronomía, y nadie parece escandalizarse…

    Reply
  • Pingback:Purrusalda de links (18/10/09) | Ondakin

  • 19 de Outubro de 2009 at 00:22 12Mon, 19 Oct 2009 00:22:42 +000042.
    Permalink

    Xa escoitei a historia que contas e, de ser certa, basicamente o que demostra é que nin os cociñeiros interesados (se é que hai algún que lle interese ese sinsentido) nin os promotores da iniciativa comprenden a mecánica de blogs e redes sociais e o seu factor diferencial.

    Alá eles.

    Reply
  • 23 de Outubro de 2009 at 18:46 06Fri, 23 Oct 2009 18:46:58 +000058.
    Permalink

    Se está desatando una ola de amor por los bloggers, que yo no sé, no sé…
    ¿Será la crisis? Porque antes nos ponían verdes.
    Hay una cosa que llaman el marketing viral. Ay, qué miedo!
    Hay quien piensa que los que hacemos cosas -trabajamos- por gusto nos vamos a vender a precios de risa. Ay, qué risa!
    De acuerdo con Manuel Gago. No tienen ni idea de qué van los blogs ni las redes sociales. El spam manual (comentarios que parecen espontáneos y hasta simpáticos, pero que está claro que son pagados, son muy ingenuos) se multiplica. Yo personalmente, y manualmente también -qué remedio-, me los cargo sin piedad en mi blog.
    Saludos Miguel, me encanta leer tu blog. Galicia es para mi algo muy especial.

    Reply

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *