Viño peleón

Abro o correo electrónico e atopo unha carta do presidente do Consello Regulador da Denominación de Orixe Ribeira Sacra. Claro que era unha carta aberta, dirixida a tódolos medios de comunicación, no que se queixa da celebración en Monforte da Festa da Castaña e o Viño Peleón.

Vaia desatino, penso, ao paso que vamos acabaremos celebrando a festa da espetada de bosta, máis coñecida como merda pinchada nun pau.

E non saio do meu asombro cando vexo que esta festa conta, segundo leo no xornal, coa organización do concello de Monforte, o patrocinio da Deputación Provincial de Lugo e a colaboración do centro comercial urbano, a asociación de hostaleiros da provincia e o Consello Regulador da Agricultura Ecolóxica de Galicia, que supoño pon as castañas. Como di o presidente de Ribeira sacra, ¡vaia tropa!.

Pero miren por onde, despois de ler a carta, abro o catálogo do 3º Outono Gastronómico en Turismo Rural, organizado por Turgalicia en colaboración con Fegatur e Agatur, dúas organizacións galegas de turismo rural.

E volvo pasmar cando vexo que polo menos 17 das 103 casas de turismo rural participantes ofrecen nos seus menús viños de elaboración caseira. Pode que algunha desas casas sexa propiedade de adegueiros metidos tamén a hostaleiros, pero neses casos seguramente poñerían a marca como unha maneira máis de promocionala. Ademais, non sei que viño de elaboración propia se pode facer en Ortigueira, en Carral, Cospeito, A Fonsagrada ou Rodeiro, por poñer un exemplo. Agardemos que no 4º Outono Gastronómico se corrixan estes erros

2 thoughts on “Viño peleón

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *