Enotur, primer Salón de Enoturismo de España dubida entre A Coruña e Pontevedra

Pontevedra ou A Coruña poderían albergar en 2010 a primeira edición de Enotur, o primeiro Salón de Enoturismo de España se prosperan as negociacións entre a empresa madrileña organizadora do certame e Vino Gallego, empresa galega dedicada á venda de viño online e a través da tenda que acaba de abrir en Santiago de Compostela.

A itinerancia semella ser a intención dos organizadores do Salón, que na súa segunda edición (2011) terá lugar en Madrid. Semella que algunhas xestións oficiais levaron aos organizadores a traer a Galicia a primeira edición, coincidindo co año Xacobeo.

Inda que Vino Gallego aseguraba hai unha semana que Enotur 2009 tería lugar na Coruña, agora parece que as cousas se decantan máis cara Pontevedra. Haberá que agardar confirmacións.

Actualización (9 de outubro): confírmase a opción de Pontevedra

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *