Pan dado… e mel regalado

Pan de huevosHai que foderse co insolidario e cara que é o ser humano. E a maiores desagradecido.

Din que o noso corpo está composto de auga nunha porcentaxe altísima, igual son as tres cuartas partes, pero agora non teño ganas de miralo nin en gugle para confirmar. O caso é que somos auga nunha porcentaxe altísima pero interesanos máis a xenebra. Para beber, digo. E si, xa sei que a xenebra tamén é auga noutra porcentaxe altísima, pero esa é precisamente a parte da xenebra que nos trae ao fresco.

Dicía que ademais somos desagradecidos. Da parte que non somos auga eu calculo que un cacho moi grande somos pan, porque algo ten que quedar en nós do moito, moito pan que comeron os nosos antepasados. Pois o mesmo que coa auga. Somos pan pero renunciamos ao pan porque, din os que non saben máis, pégasenos a cintura. ¡O que hai é moito indocumentado solto!.

O que dicía, que os seres humanos somos uns desagradecidos. E as humanas máis (¡foder, que non sei pór en feminino politicamente correcto o de “seres humanos”!), que como pretenden coidar máis a cintura non só renuncian ao pan, senón que tamén o fan á manteiga, que non é máis que graxa, precisamente outra das cousas que somos, e moito, algúns.

Para acabar de rematar a cuestión tamén somos incongruentes. Como escribe o meu amigo Cristino (Álvarez, of course) en Orixe, o Padrenuestro que rezaba a súa avoa (a miña tamén, quero dicir que tamén o rezaba, aínda que fose unha avoa diferente á de Cristino), dicía “el pan nuestro de cada día dánosle (sic) hoy” mentres no Xénese pódese ler “ganarás el pan con el sudor de tu frente“.

Eu, a verdade, prefiro o pan dado… e o mel regalado

4 thoughts on “Pan dado… e mel regalado

  • 30 de Setembro de 2009 at 21:19 09Wed, 30 Sep 2009 21:19:32 +000032.
    Permalink

    Si es como un pan de la foto, yo también quiero!

    Reply
  • 30 de Setembro de 2009 at 21:41 09Wed, 30 Sep 2009 21:41:25 +000025.
    Permalink

    Non fai falla remontarse á súa aboa, eu tamén dicía o do “dánosle hoy”. Bueno, de feito tamén o diría agora, porque xa non son tempos de aprenderme os novos modelos de rezos.
    E non sei se está vostede a facer vudú, porque ando a preparar un post sobre o pan e é a segunda vez nun mes que me pisa as ideas.

    Reply
  • 01 de Outubro de 2009 at 07:46 07Thu, 01 Oct 2009 07:46:36 +000036.
    Permalink

    dado, regalado o comprado, pero ¡¡¡viva el pan de aldea y cocido en horno de leña ¡¡¡¡¡¡… con trigo o centeno del pais y levedo del que se guarda como oro en paño en un rincon de la artesa, amasado a mano con energía, dejado fermentar el tiempo suficiente y cocido en esos hornos que nos retraen a nuestros ancestros. ¡¡¡¡¡¡ Ese es uno de los olores que se han ido perdiendo, el del pan recien horneado que perfumaba nuestros pueblos y aldeas… nada que ver con ese pan prefabricado, prefermentado, prehorneado y casi casi precomido ¡¡¡¡¡¡… que nos venden para hacernos sentir más tecnológicos.

    Reply
  • 01 de Outubro de 2009 at 08:54 08Thu, 01 Oct 2009 08:54:47 +000047.
    Permalink

    Sole, una pista: pan de huevos fotografiado en As Neves y procedente de un horno de Salvaterra de Miño.

    eSedidió, siga co post sobre o pan, que nos ofrecerá unha visión diferente… e ben documentada.

    Barón estoy con usted, ¡viva el pan! sin más, que eso que usted cita con tanto “pre” no es ni pre-pan

    Reply

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *