A castaña galega, na recta final para o recoñecemento europeo da súa IXP

A castaña sumouse hoxe á lista de produtos galegos que entran na recta final para acadar unha indicación xeográfica protexida (IXP) amparada pola Unión Europea (UE), segundo me comunica un lector e bo amigo de Colineta. O Diario Oficial da Unión Europea do 28 de setembro publica a solicitude do seu rexistro, co que se abre un período de seis meses durante o que os interesados poderán presentar a súa oposición ao rexistro. Rematado ese prazo, previsiblemente sen oposición ningunha, a UE poderá proceder á inscrición no rexistro europeo de indicacións xeográficas protexidas e denominacións de orixe.

Setembro está a ser propicio para os produtos galegos de calidade, xa que o mesmo diario oficial publicaba os regulamentos das IXP dos pementos de Arnoia e Oimbra os días 15 e 16. Tamén se atopan en tramitación a IXP do pemento de O Couto e a denominación de orixe do de Herbón. Está claro que Galicia é terra de pementos.

One thought on “A castaña galega, na recta final para o recoñecemento europeo da súa IXP

  • 29 de Setembro de 2009 at 08:44 08Tue, 29 Sep 2009 08:44:13 +000013.
    Permalink

    Me alegro por todas esas posibles denominaciones que serviran para valorar como es debido un producto de alta calidad. pero eso tambien obliga a los productores a mantener alto el listón y, en el caso específico de los castaños, cuidarlos, evitar la propagación de la tinta, selccionar el fruto para eliminar aquellas piezas deterioradas pro la humedad o por las puestas de insectos, y lo que quizás sea más importante clasificar el fruto por tamaños y variedades, no es de recibo que al cocer castañas compradas del mismo lote unas se deshagan y otras queden mas duras que las piedras, y eso nos pasa muchas veces a los consumidores

    Reply

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *