“A cociña de Larpeiros” un fenómeno editorial

A cociña de Larpeiros” o libro no que Benigno Campos recolle as receitas do programa Larpeiros da Televisión de Galicia e outras moitas está a ser un auténtico fenómeno editorial estes días en Galicia. Nos primeiros días vendéronse catro mil exemplares, cando a meirande parte dos título publicados en Galicia teñen tiradas entre mil e dous mil exemplares. Agora as vendas andan xa polos sete mil exemplares e a editorial prepara unha reimpresión.

So algúns libros de Manolo Rivas ou Suso de Toro teñen acadado en Galicia os niveis de vendas deste receitario, pero seguramente ningún dos dous autores citados conseguiu nunca vender catro mil exemplares en poucos días.

Segundo o ranking que hoxe publica La Voz de Galicia, con datos de Casa del Libro, este receitario é a día de hoxe o libro galego que máis se está vendendo.

A cociña de Larpeiros recolle receitas da cociña tradicional galega pero tamén receitas de fóra do país, cun factor común a todas elas: trátase de receitas sinxelas realizadas con produtos que se poden atopar en calquera supermercado e que calquera pode realizar na súa casa. Punto.

O éxito do libro e do programa de televisión, capaz de saír airoso na competencia pola audiencia con partidos de fútbol da champions debería facernos reflexionar a moitos e reflexionar moito. Aquí non hai un gran cociñeiro (Benigno Campos é un xubilado do sector naval de Vigo, afeccionado á cociña dende sempre), nin grandes innovacións, nin se cociña en lavalouzas… a gran masa segue apostando pola tradición.

7 thoughts on ““A cociña de Larpeiros” un fenómeno editorial

  • 27 de Xullo de 2009 at 00:34 12Mon, 27 Jul 2009 00:34:18 +000018.
    Permalink

    Os que cociñan no lavalouzas e os que non lle dan importancia a que o que cociñan saiba ben ou mal non cociñan para o vulgo, vaia ordinariez. Cociñan para a xente culta e glamourosa, do tipo Gürtel.

    Reply
  • 02 de Agosto de 2009 at 00:15 12Sun, 02 Aug 2009 00:15:25 +000025.
    Permalink

    el éxito del libro habla por si solo de su importancia e influencia, independientemente del programa de la TVG que nos acerco al mundo de los sabores “larpeiros”.

    Reply
  • 02 de Agosto de 2009 at 10:38 10Sun, 02 Aug 2009 10:38:57 +000057.
    Permalink

    Telmo, o éxito masivo nunca é automática equivalente a calidade. Rodéannos miles de exemplos: programas de televisión películas de cine, revistas, xornais, libros, páxinas web, blogs de moito éxito, con enormes niveis de audiencia e que non hai por onde collelos.
    Creo que o programa de televisión e a promoción da editorial (poucas veces lle vin a Galaxia semellante lanzamento) son determinantes nas vendas. Sen televisión Galaxia igual nin publicaba o libro.

    Reply
  • 20 de Setembro de 2009 at 20:59 08Sun, 20 Sep 2009 20:59:54 +000054.
    Permalink

    El número de ejemplares vendidos de este libro es una efectiva medida del nivel crítico de la sociedad gallega.

    Reply
  • 21 de Setembro de 2009 at 16:09 04Mon, 21 Sep 2009 16:09:49 +000049.
    Permalink

    Efectivamente, Carmen, a capacidade crítica está últimamente de capa caída, pero non so en Galicia. Non hai máis que ver as audiencias de determinados programas de televisión, certos xornais, algúns blogs, películas… o grado de alienación é cada vez máis grande, e iso nun tempo en que cada día hai máis posibilidade de formación, educación e acceso á cultura.

    Reply
  • 22 de Setembro de 2009 at 18:00 06Tue, 22 Sep 2009 18:00:06 +000006.
    Permalink

    Home, non se me poñan transcendentes de máis, que seica é prefiríbel que se vendan moitos exemplares dun libro de cociña, por execrábel que sexa (non o lin, pero supoño que non será para tanto) que do Libro Guiness dos Records, poñamos por caso, e por sinalar outro best seller do apartado non ficción.
    De todos os xeitos, a reflexión que fai no seu último parágrafo do post penso que abonda: os cociñeiros postmodernos deberían reflexionar e non botarlle as culpas ao empedrado.
    PS. Por certo, estamos agardando ese post anunciado e nunca escrito sobre a falla de autocrítica de autores e lectores do blogomillo. Faga o favor de poñerse máns á obra duna vez.

    Reply
  • 22 de Setembro de 2009 at 19:16 07Tue, 22 Sep 2009 19:16:46 +000046.
    Permalink

    Evidentemente non me expliquei ben. Cando digo que a capacidade crítica está baixo mínimos estouno facendo de forma global, e non me refero ao libro de Benigno Campos, ao que lle reconozo un gran mérito e unha capacidade de entusiasmarse extraordinaria. Eu presentei o libro de Benigno en Santiago o día 25 de xullo, no marco do Festigal. Se me parecese un libro indigno non houbera aceptado a proposta. Creo que “A cociña de Larpeiros” cumpre moi ben co seu público, e únicamente me sorprenden as enormes cifras de vendas. É mellor que se vendan moitos a que non se venda ningún, porque lamentablemente vai ser o único libro que algúns merquen este ano.
    O do último párrafo do post, señor eSedió, debería levarnos a iso, a reflexionar, e facelo sempre dende o coñecemento e nunca dende os prexuizos. Eu penso que algúns dos que vostede denomina “cociñeiros postmodernos” se están pasando de rosca (igual son os seus seguidores os que se pasan e non eles mesmos), pero tamén teño claro que ninguna mosca me vai convencer de comer merda (xa sabe o dito aquel: “come merda, centos de miles de millóns de moscas non poden equivocarse”).
    O da autocrítica teño que cocelo un pouco máis, que últimamente ando algo preguiceiro.

    Reply

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *