Mirabel, o sol do Rosal

Mirabel, el sol de O RosalDesde fai máis de setenta anos, os habitantes do val do Rosal, onde a provincia de Pontevedra se funde coa desembocadura do río Miño, ten o privilexio de consumir cada verán unha froita que ata agora o resto de galegos e españois só podiamos degustar transformada, en marmeladas ou en xarope: o mirabel.

Unha empresa da zona está agora decida a achegar s mirabel fresco a todo o territorio de Galicia inicialmente, pero en poucos anos a froita podería estar presente na práctica totalidade de España.

O mirabel é unha pequena froita, pouco maior que unha cereixa de bo tamaño, de cor amarela dourada e con multitude de pintas vermellas cando está madura, aínda que poden darse casos de froitas maduras que non presentan ditas pintas.

A súa maior virtude é o seu intenso aroma e o sabor doce e peculiar destas froitas, que recorda ao das ameixas, coas que están emparentados. Pero como no caso das cereixas, cando un comeza a comer mirabeis é moi difícil parar. Como se di popularmente, é unha froita viciosa, un capricho da natureza do que se pode gozar só unhas poucas semanas ao ano.

Historia

As primeiras plantas de mirabel chegaron ao Rosal na década dos trinta do século pasado da man de Xosé Sánchez García, mestre da localidade, que se atopou con esta froita na Selva Negra alemá e de alí trouxo as primeiras árbores.

Xosé Sánchez foi tamén o fundador da primeira fábrica de conservas vexetais de Galicia, que continúa traballando na actualidade e entre cuxas especialidades se atopan os mirabeis en xarope. “A Rosaleira”, nome e marca da fábrica fundada polo mestre do Rosal, é na actualidade propiedade da adega vitivinícola Terras Gauda.

O mirabel estendeuse rapidamente polo val do Rosal, cultivado fundamental para o consumo doméstico da froita obtida ou para a súa transformación en conserva. Durante décadas, os mirabeis presentábanse no mercado fundamentalmente en forma de froitas enteiras en xarope, aínda que posteriormente transformaríanse en marmelada e recentemente en augardente e licor.

Comercialización en fresco

Dada a gran estacionalidade desta froita, que normalmente se colleita na segunda quincena do mes de xullo e ten que saír ao mercado de inmediato xa que non é posible conservala moito tempo en condicións óptimas de consumo, fixo que o comercio para consumo en fresco se limitase aos mercados semanais da zona de produción.

Pero recentemente algúns veciños da zona, interesados na potenciación dun produto de altísima calidade presente só no Rosal, apostaron decididamente por sacar ao mercado o mirabel fresco, seguros de que a súa calidade e os métodos ecolóxicos de produción van seducir ao público galego e español.

Deste xeito, unha trintena de veciños da zona crearon a empresa “Froitas do Rosal”, cunha orientación claramente social. Como explica o seu presidente Xosé Lois Rodríguez, “Todos os socios temos o noso traballo, así que o obxectivo primordial da empresa non é gañar diñeiro, senón pór en valor un produto que leva décadas entre nós e que pode converterse no aceno de identidade do Rosal“. Rodríguez agrega que, cando os haxa, os beneficios da empresa reinvestiranse en novos proxectos relacionados con produtos propios da zona.

Na actualidade “Froitas do Rosal” conta con 20 hectáreas plantadas con mirabeis, que se atopan comezando a súa fase de produción, pero nun prazo de catro ou cinco anos esperan alcanzar as 180 toneladas anuais, que se comercializarán baixo a marca “Alén do Val”.

Toda a produción de Froitas do Rosal realízase segundo os criterios da agricultura ecolóxica, polo que sairá ao mercado avalado polo Consello Regulador da Agricultura Ecolóxica de Galicia (CRAEGA).

Gran estacionalidade

O principal problema para a comercialización dos mirabeis en frescos é a súa alta estacionalidade e as dificultades para alargar o prazo de maduración ou a súa conservación antes da saída ao mercado.

Na actualidade, a colleita do mirabel céntrase practicamente nas dúas últimas semanas do mes de xullo, con variacións en función da climatoloxía. O prazo para o consumo dos mirabeis desde a súa recolección é moi curto, xa que a maduración da froita prodúcese de forma moi rápida.

A este problema súmase o feito de que segundo os expertos o mirabel é unha árbore bienal, de maneira que logo dun ano de gran colleita vén outro de escaseza, algo que aínda non conseguiron regular no Rosal.

A partir do luns 20 de xullo e ata finais da primeira semana de agosto haberá mirabel fresco nos 35 Eroski Center repartidos por Galicia, así como nos supermercados Froiz

25 thoughts on “Mirabel, o sol do Rosal

  • 17 de Xullo de 2009 at 18:51 06Fri, 17 Jul 2009 18:51:55 +000055.
    Permalink

    Parabéns polo artigo, mestre. O único, para completar e porque son incapaz de estarme calado, engadir que o mirabel é unha variedade de cirola (prunus domestica) e que tamén é moi popular en Francia, singularmente nos departamentos ex-alemáns de Alsacia e Lorena.

    Reply
  • 17 de Xullo de 2009 at 19:04 07Fri, 17 Jul 2009 19:04:09 +000009.
    Permalink

    Si señor, a produción e consumo de mirabel en Francia é moi grande. Se aquí fóramos capaces de producir en grandes cantidades teríamos alí un bo mercado, porque o mirabel galego madura antes que o francés.

    Reply
  • 18 de Xullo de 2009 at 10:28 10Sat, 18 Jul 2009 10:28:52 +000052.
    Permalink

    Algún día, alguén terá o bo siso de sacar á luz os 22 volumes de estudos comarcais de ordenación produtiva agraria que se fixeron nos anos 2002-2004, aínda que 7 anos despois os datos están xa resesos. Alí, mesmamente no volume correspondente ao Baixo Miño, proponse, entre outras cousas, exactamente iso.

    Reply
  • 19 de Xullo de 2009 at 19:47 07Sun, 19 Jul 2009 19:47:33 +000033.
    Permalink

    Ola, alguén me pode dicir como se fai o almíbar e canto tempo é recomendable que estean os mirabeis nel antes de consumilos?
    Ah, e parabéns pola información.
    Grazas

    Reply
  • 21 de Xullo de 2009 at 12:17 12Tue, 21 Jul 2009 12:17:08 +000008.
    Permalink

    este ano, como sempre vou á festa do albariño, intentarei facerme con algunha provisión do froito, por certo que teñen un nome precioso.

    Reply
  • Pingback:Mirabeles en almíbar « La cocina delokos

  • 26 de Xullo de 2009 at 15:54 03Sun, 26 Jul 2009 15:54:23 +000023.
    Permalink

    paravens pola producion e sin duda ua fruta que ten futuro prbeinos despois de encontralos nun super certo non estan nada mal

    Reply
  • 26 de Xullo de 2009 at 22:30 10Sun, 26 Jul 2009 22:30:21 +000021.
    Permalink

    gustariame saber si este frutal podra dar fruta no norte da provincia de a coruña e si podra dar fruta plantando de semilla , gracias

    Reply
  • 28 de Xullo de 2009 at 10:49 10Tue, 28 Jul 2009 10:49:08 +000008.
    Permalink

    En el mayor centro comercial de la cadena Eroski de Coruña el viernes 24 seguía sin haber mirabel fresco, lo intetaremos en Froiz a ver si hay suerte.

    Reply
  • 28 de Xullo de 2009 at 11:14 11Tue, 28 Jul 2009 11:14:41 +000041.
    Permalink

    Juan D. el mirabel está en los Eroski Center, pero no el los Eroski a secas ni en los Eroski City. Me extraña que no puedas encontrarlos en A Coruña cuando yo los compré en el Erosky Center de Santiago el mismo día en que se pusieron a la venta.

    Reply
  • 28 de Xullo de 2009 at 11:16 11Tue, 28 Jul 2009 11:16:30 +000030.
    Permalink

    Suso de Narón, polo que eu sei o único problema son as xeadas tardías. Se en marzo, cando comeza a floración, hai xeadas na túa zona a cousa vai ser problemática. En caso contrario non. Non sei se é viable a partir da semente.

    Reply
  • 28 de Xullo de 2009 at 20:26 08Tue, 28 Jul 2009 20:26:03 +000003.
    Permalink

    Mirabel do rosal comprado esta tarde nun Gadis de Oleiros.
    A partir da semente pode ser viábel ou non, depende. Os frutais modernos obtéñense por reprodución vexetativa (non sexual) e o da semente é o produto dunha polinización sexual. Ademáis, o normal, no caso de frutais comerciais, é que se formen por enxerto sobre un pé doutra variedade que lle aporte características favorábeis (por exemplo, algunha resistencia a factores físicos ou biolóxicos). En definitiva, podes plantar a semente a ver que pasa, pero non sexas demasiado optimista. Outro problema podería ser o da polinización cruzada, que ocorre en certos tipos de frutais: non é posíbel obter froito dun só arbre, senón que precisas que unha arbre polinice a outra. De ser así, terías flor e non callado (é dicir, non froito). Non sei se é o caso do mirabel.
    E concordo co Sr. Vila en que o problema tan ao norte, polo menos coa variedade de mirabel do rosal, pode ser a xeada.

    Reply
  • 29 de Xullo de 2009 at 10:09 10Wed, 29 Jul 2009 10:09:21 +000021.
    Permalink

    Ayer 28 de julio, los tenían en un Froiz cerca de cuatro caminos, en Coruña.

    Reply
  • 29 de Xullo de 2009 at 20:16 08Wed, 29 Jul 2009 20:16:26 +000026.
    Permalink

    Acabo de comprar los mirabeles en el Eroski Center de Eiris en La Coruña, dulces, sabrosos y como bien decía Miguel en su post, muy viciosos. Aproveché también la visita al supermercado para comprar unos “Pementos de Herbón” de A Pementeira.

    Reply
  • 30 de Xullo de 2009 at 12:06 12Thu, 30 Jul 2009 12:06:56 +000056.
    Permalink

    Sr.vila fai mais de catro años que os GADIS de todo GALIZA ,traballan os mirabeles por estas fechas, mirabeles do rosal, ca empresa PRODUCTOS DO ROSAL.

    Reply
  • 01 de Agosto de 2009 at 15:48 03Sat, 01 Aug 2009 15:48:52 +000052.
    Permalink

    Hola,eu vivo en Lorraine ( Francia) e o producto do que se fala no e “un mirabel” se non “une mirabelle” vostedes utilizan o maculino,cando verdadeiramente este producto e femenino.Saudos.

    Reply
  • 01 de Agosto de 2009 at 17:58 05Sat, 01 Aug 2009 17:58:59 +000059.
    Permalink

    Xosé Lois, efectivamente en francés é “mirabelle”, pero en Galicia e España emprégase “mirabel”. No Dicionario da Real Academia da Lingua Galega non aparece de momento, pero no da Real Academia de la Lengua Española si, e a forma en castelán é “mirabel”. Cousas dos idiomas: o sal en galego é masculino e en castelán feminino.

    Reply
  • 05 de Agosto de 2009 at 23:14 11Wed, 05 Aug 2009 23:14:29 +000029.
    Permalink

    Quiero agradecer dos cosas. Una es esta nota, amena y concreta, que encontré después de probar mirabeles y la otra es el esfuerzo de la gente de O’Rosal para que encontrase algo original a menos de un euro en el Erosky.

    Reply
  • Pingback:Colineta » Blog Archive » Aguardiente de mirabel

  • Pingback:Colineta » Blog Archive » Grelos de cuarta gama

  • 01 de Xaneiro de 2012 at 19:40 07Sun, 01 Jan 2012 19:40:45 +000045.
    Permalink

    Eo plantei un mirabel que trouxen de Galicia en Castellón,
    este ano deume seis pezas boisimos.

    Reply
  • 08 de Xullo de 2012 at 22:48 10Sun, 08 Jul 2012 22:48:46 +000046.
    Permalink

    Yo tengo 4 árboles de Mirabel y la verdad es que es algo delicado,pues no llegan a 4 días en estado natural por lo que es aconsejable meterlos en el frigorífico si quieren que les dure un poco más. Un saludo

    Reply
  • 18 de Xullo de 2012 at 17:04 05Wed, 18 Jul 2012 17:04:18 +000018.
    Permalink

    Manuel, efectivamente es una fruta delicada. Pero eso le da valor, ya que con ella las cámaras no sirven de nada. Esperemos que la cosa siga así. Pagamos la excelencia del producto con su estacionalidad.

    Reply
  • Pingback:Mirabeles, una dulce tentación - Saborean.do

  • Pingback:Pájaros y brumas – José María García González – wordpressvitaminado

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *