Papada de porco, cigaliña e limón, mellor tapa de Compostela

Papada de porco, cigaliña e limón, de A Tafona, foi a gran gañadora do concurso de tapas de Santiago de Compostela Santiago(é)Tapas. Os premios entregáronse esta tarde nun acto celebrado na monumental praza de abastos de Compostela. A tapa consiste nun taco de papada de porco, de pel renxente e carne celmosa, acompañada dunha cigaliña e un prebe de limón que pon un punto de chispa na boca e límpaa da graxa da carne.

No apartado de mellor tapa creativa o premio foi para a Empanada de polbo seco á chama, de Ácio. Nesta tapa o cociñeiro Iago Castrillón recupera un antigo produto galego xa desaparecido, o polbo seco, para formar con el unha empanada composta de dúas finas láminas de masa xa cocida entre as que se intercalan lascas de polbo en forma de pequenos roliños e cebola caramelizada.

O premio á mellor tapa tradicional foi para a Filloa O Catro do bar O Catro. Unha tradicional filloa reenchida de polbo, gambas e queixo de Arzúa.

En canto ao maridaxe con cervexa, impúxose o Cubo crocante de atún con marmelada de tomate avainillado de Garum. Un taco de atún rebozado en améndoas e olivas negras moídas, fritido e acompañado pola marmelada de tomate e vainilla. E un puntiño de pementa de sechuán que chamaba pola cervexa.

Finalmente, o xurado outorgou o premio Galicia Calidade ao emprego de produtos galegos á Brocheta de luriñas con maionesa verde de algas e po de nori. Unha tapa na que os produtos do mar galego están presentes dende o comezo ata o fin.

O premio “Tapa do público” foi para o Bacallau maravillau de Madam Ragú, un bacallau acompañado de pemento vermello, aguacate e taramasalata elaborada con ovas de bacallau. Madam Ragú recuncou co premio “(e)xcelente 09” ao establecemento máis valorado polos clientes, tendo en conta o seu persoal (profesionalidade, rapidez no servizo, amabilidade, información facilitada da tapa/concurso) e as súas instalacións (aparencia/orde, limpeza, conservación).[lang_es]Papada de cerdo, cigalita y limón, de A Tafona, fue la gran ganadora del concurso de tapas de Santiago de Compostela Santiago(é)Tapas. Los premios se entregaron esta tarde en un acto celebrado en la monumental plaza de abastos de Compostela. La tapa consiste en un taco de papada de cerdo, de piel crujiente y carne jugosa, acompañada de una cigalita y una salsa de limón que pone un punto de chispa en la boca y la limpia de la grasa de la carne.

En el apartado de mejor tapa creativa el premio fue para la Empanada de pulpo seco a la llama, de Ácio. En esta tapa el cocinero Iago Castrillón recupera un antiguo producto gallego ya desaparecido, el pulpo seco, para formar con él una empanada compuesta de dos finas láminas de masa ya cocida entre las que se intercalan lascas de pulpo en forma de pequeños rollitos y cebolla caramelizada.

El premio a la mejor tapa tradicional fue para la Filloa O Catro del bar O Catro. Una tradicional filloa rellenada de pulpo, gambas y queso de Arzúa.

En cuanto al maridaje con cerveza, se impuso el Cubo crocante de atún con mermelada de tomate avainillado de Garum. Un taco de atún rebozado en almendras y aceitunas negras molidas, frito y acompañado por la mermelada de tomate y vainilla. Y un puntito de pimienta de sechuán que llamaba por la cerveza.

Finalmente, el jurado otorgó el premio Galicia Calidade al empleo de productos gallegos a la Brocheta de chipirones con mayonesa verde de algas y polvo de nori. Una tapa en la que los productos del mar gallego están presentes desde el comienzo hasta el fin.

El premio “Tapa del público” fue para el Bacalao maravillau de Madam Ragú, un bacalao acompañado de pimiento rojo, aguacate y taramasalata elaborada con huevas de bacalao. Madam Ragú repitió con el premio “(e)xcelente 09” al establecimiento más valorado por los clientes, habida cuenta su personal (profesionalidad, rapidez en el servicio, amabilidad, información facilitada de la tapa/concurso) y sus instalaciones (apariencia/orden, limpieza, conservación).

Foto: Mejor tapa. www.santiagoetapas.com

8 thoughts on “Papada de porco, cigaliña e limón, mellor tapa de Compostela

  • 15 de Xullo de 2009 at 21:43 09Wed, 15 Jul 2009 21:43:10 +000010.
    Permalink

    xa dicia eu que a empanada tiña que estar boa, jeje…

    Reply
  • 16 de Xullo de 2009 at 03:06 03Thu, 16 Jul 2009 03:06:32 +000032.
    Permalink

    Gracias, dende as nove estaba a buscar novedades… tí foches o primeiro.
    Gañou a miña tapa favorita das “14” que tiven a oportunidade de degustar… No meu blog estou a preparar entradas das tapas premiadas e da información dos restaurantes galardoados.
    Todavía estou traballando, pero os tres primeiros non dispoñen de páxina web… nin de blog propio… e pregúntome, sigue Galicia atrasada???
    Perdoa o meu atrevemento, pero tí que estas metido nesta materia a fondo e que traballas no ciber-espacio e por outro lado compartes relacións directas e degustacións cos responsables dos “grandes restaurantes” dos que, sen lugar a dudas, podemos presumir nos nosos lares tes que fomentar que manteñan actividade na rede. Este aspecto paréceme fundamental, eu son de Vigo, pero antes de viaxar, incluso dentro da nosa máxica Galicia, gústame consultar restaurantes, calidades, opinions… Imáxinate nos que veñen de fora…

    Reply
  • 16 de Xullo de 2009 at 16:21 04Thu, 16 Jul 2009 16:21:13 +000013.
    Permalink

    Non empece a provocar de novo, Sr. Garea 🙂

    Aquí na Curuña están tamén con esto do concurso de tapas. Non coñezo o nivel, pero considerando que o chiringo no que almorzo todos os días presentouse coa súa tortilla de patacas, e sendo esta a típica que hai que cortar coa radial, témome o pior…..

    Reply
  • 16 de Xullo de 2009 at 17:17 05Thu, 16 Jul 2009 17:17:16 +000016.
    Permalink

    …señor eSedidió, non teña prexuizos coa cociña de vangarda, se hay que introducir a radial como ferramenta de cociñeiro, benvida sexa!!, se disque hai un cociñeiro que cociña con láser, porque non habemos de se-los galegos os introductores de tan rotundo intrumento nas ciencias gastronómicas?!

    Reply
  • 16 de Xullo de 2009 at 17:27 05Thu, 16 Jul 2009 17:27:44 +000044.
    Permalink

    Cale, cale, que eu regaleille hai anos unha androlla a un amigo de Tomelloso, e preguntoume, moi seriamente, que como a cortaba para facerse o bocata. Obviamente, coa radial…..

    Reply
  • 16 de Xullo de 2009 at 17:28 05Thu, 16 Jul 2009 17:28:49 +000049.
    Permalink

    Investigue por aí se é posíbel utilizar o motocultor, xa que tan amigo é das novidades tecnolóxicas 🙂

    Reply
  • 16 de Xullo de 2009 at 21:25 09Thu, 16 Jul 2009 21:25:00 +000000.
    Permalink

    Bueno, bueno, non fribolice con cousas tan serias, que inda hai parecer que estou de cháchara. 😉

    Reply

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *