Pementos de Herbón, váianse afacendo

Galicia conta dende hoxe cun novo produto con denominación de orixe: o Pemento de Herbón, máis coñecido como de Padrón, nome que está rexistrado como variedade comercial gracias á falta de dilixencia do entón Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación, responsable de dito rexistro e responsable de non opoñerse a el sendo conscientes de que se trataba dun produto que antes ou despois acabaría protexido por unha D.O.

O Diario Oficial de Galicia publicou onte a orde pola que se aproba o regulamento da denominación de orixe e se nomea o consello regulador provisional. A protección será transitoria e só aplicable en España á espera de que a Unión Europea aprobe a denominación de orixe protexida para este pemento propio da desembocadura do Ulla. De feito, só poderán ser Pemento de Herbón os cultivados nos concellos de Padrón. Dodro e Rois, na beira coruñesa do río, e nos de Valga e Pontecesures na parte pontevedresa do mesmo.

Agora agarda un longo camiño. Primeiro a inscrición nos rexistros correspondentes de produtores e comercializadores e despois o seu lanzamento ao mercado. Penso que este ano será difícil ver no mercado pementos acollidos á Denominación de Orixe, pero para o próximo ano xa nos podemos ir esquecendo dos pementos de Padrón, que daquela estarán convertidos en imitacións, e desta volta de maneira legal.

So dous avisos para descoñecedores do produto lexítimo e xentes pouco avisadas:

1.     O período de comercialización dos Pementos de Herbón irá do 1 de maio ao 31 de outubro. Paréceme que sobra un mes, xa que a primeiros de maio é case imposible atopar pementos na zona de produción e a finais de outubro xa están desaparecidos. De mediados de maio a mediados de outubro sería máis realista.

2.     Os lexítimos pementos de Herbón xamais queiman na boca. Os cultivadores dos mesmos saben moi ben que pementos pican e elimínanos antes de sacalos ao mercado porque son conscientes de que tanto picante non gusta á meirande parte dos consumidores. Iso non impide que algúns piquen, pero de maneira moderada. De feito, o regulamento da denominación de orixe di: “Cata. aroma de intensidade moderada, de sabor doce, podendo ser lixeiramente picante.”

Váianse afacendo a pedir Pementos de Herbón

2 thoughts on “Pementos de Herbón, váianse afacendo

  • 11 de Xullo de 2009 at 22:25 10Sat, 11 Jul 2009 22:25:01 +000001.
    Permalink

    Haberá este ano pementos no mercado. O proceso de inscricións e a aplicación do procedemento de control e certificación comezou, para gañar tempo, antes da publicación do Regulamento. Estea atento aos seus fornecedores habituais.

    Reply
  • 11 de Xullo de 2009 at 23:46 11Sat, 11 Jul 2009 23:46:21 +000021.
    Permalink

    buena noticia don miguel,por que llevaban años los
    productores de Herbon en busca de la Denominacion,pero
    la desidia de los politicos locales(ya sabe.las envidias)
    hicieron que esto se dilatara muchos años,dejando las puertas abiertas a “intermediarios” de la misma localidad
    donde inundaban el mercado de pimientos foraneos(el Salnes)
    como si fueran cultivados en las tierras de Rosalia.
    por cierto “off record”,ni chispa de gracia,le hace ,que entren tambien las “veigas” de Cesures y Valga.
    “ah” y ya que siempre hay algun periodista entre los premiados cuando se hace la exaltacion (2 de agosto)se tendra que proponer su candidatura.
    un saludo cordial.
    enrique castillo
    -posdata,con tanto atracon de tapas ,un sobrecito de Almax.
    que es mano de santo.

    Reply

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *