Lerele: viva Chantada y olé…

Recoñezo que cando o vin a primeira impresión foi poñer cara de espanto. ¡A quen se lle ocorre fabricar en Galicia “tinto de verano, un produto tipicamente madrileño! ¡E a quen se lle ocorre vestir de lunares sevillanos a unha bebida fabricada en Chantada e chamarlle Lerele!.

Era inevitable un post sobre o asunto. Pero primeiro había que deixar repousar a cousa. E co repouso cheguei á conclusión de que se en Galicia se pode fabricar cervexa, poñerlle o nome do país na etiqueta e sentirnos orgullosos da súa calidade, porque non facer outras cousas que, ademais, parecen claramente dirixidas á exportación cara outras terras da península e non ao consumo galego. E finalmente cheguei á conclusión de que se hai un oco no mercado para o tinto de verano en lata, pois fai moi ben Hijos de Rivera, que fabrica esa cervexa da que tan orgullosos estamos os galegos, de poñer no mercado un novo produto, que seguramente axudará a que a empresa siga en mans galegas e con capital exclusivamente español. E so quedan en España dúas cervexeiras que non caeran en mans das multinacionais: Hijos de Rivera e a firma zaragozana que fabrica a Ámbar.

Eu non vou consumir Lerele, como non vou consumir ningún outro tinto de verán envasado, porque se me apetece esta bebida non teño máis que preparala ao meu gusto. Pero tampouco consumo as luras de Pescanova porque me gustan as luras fritas pero non o rebozado, nin as anguriñas da mesma marca nin tantas outras cousas que hoxe se producen en Galicia, e teñen gran éxito no mercado, sen ser propias do país nin inventadas aquí.

A min o nome do Lerele e os lunares do seu vestido seguen poñéndome carne de galiña, pero supoño que será cousa de acostumarse… o mesmo que ao ë de Citroën, da que tantos galegos viven.

Foto:www.laopinioncoruna.es

11 thoughts on “Lerele: viva Chantada y olé…

  • 01 de Xullo de 2009 at 21:57 09Wed, 01 Jul 2009 21:57:06 +000006.
    Permalink

    Como dixen no meu blog, cada un fabrica e pon no mercado o que lle parece. Agora ben, o que menos me gusta neste caso, aínda aceptando que se fabrique pensando en público turista ou para comercializar fora, é que cando falas con extranxeiros só coñecen da gastronomía española o xamón, a paella e o gazpacho. Desde logo da cociña galega nada de nada. E a partir de agora, cando tomen unha lata desta sangría, que non podo evitar que me recorde á estética Pepecars, e miren os datos (os que os miren) asociarán sangría, faralaes e Chantada.

    É dicir: perfectamente lícito que a vendan. E oxalá lles vaia moi ben. Pero a min non acaba de gustarme ese recurso ós tópicos da imaxe gastronómica de España. Cuestión de gustos, imaxino.

    Reply
  • 02 de Xullo de 2009 at 09:59 09Thu, 02 Jul 2009 09:59:12 +000012.
    Permalink

    Gourmet, pareceme un pouco extremo pensar que si os extranxeiros non saben nada da gastronomía galega agora a vaian identificar cunha lata de bebida que, pasada a primeira semana de impacto meidático, vai desaparecer entre as moitas latas que hai nun supermercado ou nun bar. E se as anguriñas de Pescanova, que é unha gran multinacional presente en moitos países, non son un sinal de identidade para ninguén non sei porque o vai ser o Lerele.
    E si cuestionamos a produción en Galicia de tinto de verano tamén deberíamos cuestionar a de Citroen e prepararnos para emigar masivamente de novo.

    Reply
  • 02 de Xullo de 2009 at 14:26 02Thu, 02 Jul 2009 14:26:22 +000022.
    Permalink

    A ver, igual o expliquei mal:

    Eu non cuestiono que en Galicia cada un produza o que queira. Pero tamén é verdade que non coñezo ningún outro exemplo producido en Galicia no que a imaxe estea baseada nos tópico do Typical Spanish tan de cerca. Desde logo non no caso de Citroen nin no de Pescanova.

    E, do mesmo xeito que as anguriñas de Pescanova non son un sinal de identidade, Lerele tampouco o vai ser, como dis, pero aporta elementos nunha liña, a do mencionado Typical Spanish, que a min, que a tendencia que me gusta é outra, non acaba de convencerme. Iso é todo.

    E repito unha vez máis que oxalá vendan moito e consoliden o produto.

    O que si que teño claro é que os extranxeiros non saben nada da gastronomía galega e que nesa liña, perfectamente lícita, van seguir así, asociándonos a paella, gazpacho e chiringuitos. Desde logo non hai neste produto ningún elemento que aporte nada para cambialo (tamén é certo que non ten por qué habelo). Iso é o que comentei.

    Reply
  • 04 de Xullo de 2009 at 18:56 06Sat, 04 Jul 2009 18:56:06 +000006.
    Permalink

    Gourmet, te sugiero ver el vino de Paco & Lola (Cooperativa Vitivinícola Arousana) que antecedió el concepto de lunares “Typical Spanish” que llevan estos tintos de veranos. Han ganado numerosos premios de diseño, porque a nivel marketing llevan una imagen perfecta (y no hueca, en la botella hay también contenido aunque no sea un vino). ¡Y son un albariño galleguísimo! Tanto que la otra marca de la casa se llama Rosalía de Castro.

    Como profesional de comunicación, la imagen de estos tintos de verano me parece extraordinaria, moderna y “catchy”, con elementos tradicionales, pero un diseño pulido, moderno y sin ser ordinario. Súper atractiva para el consumidor que no conoce aún lo básico de España y necesita algo identificable para interesarse en profundizar en lo más complejo. Hoy día hay productos de imagen, hay productos de imagen-contenido, hay productos de calidad sin imagen, y hay productos de excelente calidad que no venden. Podríamos hacer un interesante estudio de opinión sobre la imagen. ¿Tienes ideas de cuántos jóvenes que no consumen vino, quizás se arriesgarían a probar un tinto de verano enlatado porque les atrae su imagen?

    Los tintos de verano, las sangrías, etc. son una categoría que empieza a darse a conocer fuera de España, especialmente en climas cálidos, donde es verano el año entero. Y están teniendo muy buena aceptación, con lo cual, los que elaboran éstas no están más que montándose en el bote de la oportunidad. Eso no significa que los clientes de esos lugares menosprecien o no sepan apreciar otros productos menos “estereotipados”, menos “paelleros”, meno “Typical Spanish”, pues compran tintos de verano, pero también siguen comprando vinos de calidad y comen buenos productos con ellos. Hay momentos y hay públicos.

    En Galicia, lamentablemente, mucho pecan de ver la vida y la gastronomía con una óptima en exceso galleguista, y desligadas de un contexto macro y con una visión cosmopolita, sin fronteras. Como gallega en el exterior, me apena mucho esto. Si el público fuera de Galicia, “no conoce” de gastronomía gallega, ¿es culpa de los que elaboran este tinto? No, es culpa de los que han circunscrito la gastronomía gallega a Galicia y de quienes tienen la posibilidad de promoverla fuera y no lo hacen. No hay sino más que darse una vuelta por la calle del Franco y ver la monotonía de tantos menús de raciones, es lo mismo en todas partes, “pulpo a feira, calamares rebozados, etc.” Si me dejo guiar por eso, entonces tengo que suponer que la gastronomía gallega se reduce a eso. Qué bueno que hay Santiago é Tapas, pero debería aplicarse el año entero.

    Yo en Galicia, en días de calor abominable, no tendría prejuicio en tomarme un tinto de verano. Y qué no daría yo por hallar una caja de calamares rebozados de Pescanova, que antes los conseguía sin problemas, pero son cada vez más escasos. Me gustarían los frescos, pero como aquí no los consigo como en Galicia, los de Pescanova me saben a pórtico de la gloria.

    No sé cómo sea el producto, pues no he catado este tinto de verano en concreto, pero a nivel de marketing, el empaque es A+. Vamos, a mí la curiosidad por probar me la despierta. No tengo prejuicios. Prefiero tomarme un tinto de verano Lerelé honesto, que un vino gallego con denominación, pero mediocre.

    Reply
  • 04 de Xullo de 2009 at 19:42 07Sat, 04 Jul 2009 19:42:37 +000037.
    Permalink

    Añado algo más, he compartido esta imagen con otras personas e incluso me han dicho que les recuerda un diseño de los de Agatha Ruiz de la Prada. Muy alunarada, muy lunera, muy chic y muy international.

    Reply
  • 05 de Xullo de 2009 at 09:46 09Sun, 05 Jul 2009 09:46:21 +000021.
    Permalink

    Santo Cristo de Fisterra…. Vai ser que o espello no que nos temos que mirar os galegos para sermos “chic” é a inefable e “international” A.R.de la P.?.
    Sen entrar no fondo da cuestión -trátase sen máis de aproveitar unha instalación de envasado existente para incrementar o valor engadido, envasando un produto comprado fóra. Iso nin é bon nin é malo- téñolle que dicir, Sra. González, que o seu post, con todo respecto, está absolutamente trufado de prexuízos. Explícome:
    1.- Que é iso de “pecar de ver la vida y la gastronomía con una óptica en exceso galleguista, y desligada de un contexto macro y con una visión cosmopolita, sin fronteras”? (tireille as erratas e as fallas de concordancia sintáctica porque supoño que serán o resultado do exceso de presa, froito sen dúbida do seu cosmopolitismo). Francamente, se leo entre liñas e afasto a jerga, o que resta é “el problema es que Galicia está llena de paletos”.
    2.- A alusión ao “galleguísimo” do albariño (ou mellor alvarito?: soa máis chic e máis international) do que fala porque a outra marca da casa chámase Rosalía de Castro resulta simplesmente pavera, e case non merece máis comentario que unha referencia cabreada ao uso, abuso e frivolización dos símbolos.
    3.- Menos mal que para resolver os problemas da proxección da gastronomía do país (de la región, diría vostede, pero que quere, eu son un túzaro) xa están vostedes, dispostos a mover unha cella dende o exterior e explicarnos a todos que o problema é dos calamarez rebozados -referencia gastronómica por excelencia- de la “calle del Franco” (ou rúa do franco; xa o sinto, está adicada aos pelegríns franceses que viñan a Compostela, e non ao esgrevio líder de Occidente). Os galegos deberíamos ser máis modernos, alimentarnos exclusivamente de deseño e, sobre todo, máis moleculares e tirando de riba ese acento tan lamentábel.
    Podería seguir un bo anaco, pero, resumindo e para non ocupar indebidamente o espazo que nos brinda amábelmente o sr. Vila, só dicirlle: francamente, querida, no comprendes absolutamente nada (é que eu -cando me dá a gaña- sonlle bilingüe). Desculpe o desabrido do ton do comentario, pero é que a crise séntame fatal.
    Aproveito o abuso para invitarlle, Sr. Vila, á estrea da miña leira (o enlace está no nick), que está semana falamos de pementos de Padrón.

    Reply
  • 05 de Xullo de 2009 at 19:55 07Sun, 05 Jul 2009 19:55:16 +000016.
    Permalink

    Pois que quere que lle diga, eSedidió. A min pareceme que Rosa ten toda a razón do mundo cando di, con outra palabras, que en Galicia, no mundo da gastronomía e en moitos outros, estamos afeitos a mirarnos ao embigo e, sendo redondiño, pensar que é a lúa chea.
    Aproveito para felicitalo polo seu estupendo blog: http://etxeoquehai.wordpress.com no que fai gala dos seus extensos coñecementos sobre o mundo da alimentación. Asegúrolle que fan falta máis blogs coma o seu, no se que escribe sobre o que se coñece de primeira man. E sobran moitos que o único que fan é falar sobre o que lle leron a outro que aseguraba terlle escoitado o conto a un que decía que coñecía a outro que… Señor eSedidió, o que sabe, sabe. E vostede teno demostrado en moitas ocasións, así que espero que siga con nos moito tempo máis.
    E agardo tamén que as súas novas ocupacións non lle impidar seguir pasando por aquí de cando en vez.

    Reply
  • 05 de Xullo de 2009 at 22:02 10Sun, 05 Jul 2009 22:02:43 +000043.
    Permalink

    Rosa María:

    Non entro no terreo da comunicación porque non son profesional do mesmo. Acepto, xa que logo, tódolos teus argumentos. Agora ben, desde o meu campo profesional, que é o da historia da arte, levo traballando desde hai uns anos nunha liña de investigación arredor do que temos denominado “reasignacións significativas” e “pervivencia icónica”. Non vou desenvolver toda a teoría arredor deses conceptos que, ademáis, veño estudando fundamentalmente aplicados á arte prehistórica, pero en liñas xerais e sintetizando moito poderíamos dicir que calquera imaxe (mesmo as publicitarias) ten una triple funcionalidade, ainda que os seus autores non sexan conscientes dela: formal, de uso e simbólica. A primeira é, básicamente, a que traballades desde o teu campo profesional. En ocasións pode que tamén a segunda. A terceira é, sen dúbida, a máis polémica e a que encerra unha maior carga inconsciente.

    E por aí vou. Unha imaxe poder ser, de cara ó mercado, todo o idonea que queiramos, pero a un nivel simbólico ten unha cantidade de posibles lecturas e unha profundidade significativa que moitas veces nin imaxinamos.

    En relación con todo o anterior, desde hai un tempo veño traballando no estudo do que definimos como “a plasmación icónica da galeguidade”, que é algo que existe, que está no mercado e que, consciente ou incoscientemente, se manipula tódolos días. E do mesmo xeito existe unha “plasmación icónica da españolidade” coas mesmas características.

    Non entro en valoracións, pero si teño a opinión de que a carga de determinadas imaxes pode ser máis ou menos productiva para o que podemos definir como a “construcción cooperativa dunha imaxe común” que, agora si, volve ó teu terreo profesional en certa medida: qué imaxe damos. Agora ben, non podemos esquencer que, en última instancia, a imaxe que damos e a imaxe que outros non outorgan dependen, nunha medida moi significativa, da imaxe, habitualmente inconsciente, que temos de nós mesmos. E nese sentido aludir dun xeito directo á plásmación icónica da españolidade na nosa imaxe pode supoñer unha carga simbólica, dentro dese esquema trifuncional, que é á que eu, en última instancia, aludía.

    Non se trata tanto de mirarse ó embigo como de ser conscientes de que moitas veces o noso intento de mirar para outro lado que non sexa o noso propio embigo non está tan exento de lecturas, cando menos no campo icónico, como nós mesmos poderíamos pensar.

    Reply
  • 05 de Xullo de 2009 at 22:08 10Sun, 05 Jul 2009 22:08:19 +000019.
    Permalink

    Sr. Vila, non me faga trampas ao tute :-). Non pode manifestar o seu desacordo conmigo e acto seguido poñerme colorado con inmerecidos eloxios. Así non hai quen manteña a mala baba 🙂
    No meu comentario anterior estou seguro de que me pasei catro pueblos nas formas (teño moi mal durmir e pior espertar, sobre todo estes últimos meses), polo que lle pido as miñas desculpas á Sra. González. Agora ben: sobre o fondo do asunto non retiro absolutamente nada.
    Concordo con vostede en que existe unha certa veta chauvinista-folklórico-paleta en moitos de nos, froito seguramente do puco viaxar e menos ler. Pero esa mesma -ou semellante – veta existe, non mo negará, en todo o noso contorno xeográfico e político. Abonda con ver esa teima española de autobomobo gastronómico, encumbrando ás máis altas cotas da sabedoría, non só ao gastrogurú do Empordá, senón aos seus discípulos, aos seus coñecidos e ata aos que falan ben del e fan comidas. O día que a moda pase, e o globo pinche, seguramente procurarán outra cousa.
    No entanto, nos sofremos dunha síndrome dos nosos veciños, irmáns ou compatriotas (escolla o que máis lle goste) que ás veces resulta tan molesta como o noso embiguismo: a síndrome do turista, que consiste, como todos sabemos, en que coñecen a nosa realidade por unha combinación de inspiración divina, intelixencia natural e un viaxeciño a por marisco de cando en vez. Eu, que como vostede dí, algo entendo do tema da alimentación do pais, e que levo máis de 20 anos de vida profesional pelexando con pantasmas, con malentendidos e con ignorancia, revólvome como unha hidra cando vexo -de novo- como se repiten os tópicos.
    Para rematar: eu, se teño que escoller entre un tinto de verán de bote e un viño con denominación mediocre, prefiro unha cervexa (Estrella, of course).
    Como ve, as miñas ocupacións non me impiden seguir participando no seu (antes morto). En canto á miña leira non creo que vaia ter moitos contidos alimentares. Ese espazo está perfectamente ocupado poe vostede. Eu, como comprobou, só canto 🙂

    Reply
  • 06 de Xullo de 2009 at 08:44 08Mon, 06 Jul 2009 08:44:16 +000016.
    Permalink

    Sr. eSedidió, de trampas nada. Na súa opinión sobre o tema do post, ou mellor dito, sobre a opinión de Rosa María, non estou de acordo, como non o estiven en outras ocasións anteriores con outras opinións súas, que as veces me parecen algo viscerais de máis. Cuestións de opinión.
    Pero no que non teño a menor dúbida é sobre a calidade das súas informacións, calidade que procede do amplo coñecemento que vostede ten dos temas que trata, e que como sempre dixen, é un ben escaso en internet, onde unha ampla maioría escrebe sobre o que non coñece nin de lonxe.
    Así pois, discrepamos desta volta, e volveremos a discrepar cando sexa preciso, en cuestión de opinións persoais. Pero cando se trata de datos, datos contrastados e non inventados, apliquemos o que di un meu amigo ben coñecido por vostede: “o medible non é opinable”.

    Reply
  • Pingback:Veciños. « Éche o que hai

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *