Cuestión de tempos

Isto de facer dúas rutas de tapas diarias (mediodía e noite) acaba con calquera e non vou ser eu menos. Levo arredor de 70 tapas en catro días e xa me van entrando gañas de que o reloxo acelere un pouco o seu ritmo para poder comer unha sopiña quente o próximo sábado, se é que chego aló con folgos e 109 tapas derriba.

Cada día me convenzo máis de que o nivel medio das tapas presentadas a concurso no Santiago(é)Tapas deste ano é sensiblemente superior ao do ano pasado, no que xa foi bo. E ao mesmo tempo dáme a sensación de que a distancia entre as mellores e as menos boas se reduce de maneira considerable, non porque as mellores perderan calidade senón por que o tope inferior subiu de forma notable.

O que algúns aínda non parecen entender é que cando pido unha bebida e unha tapa agardo que a segunda veña pouco despois da primeira e non 20, 30 ou 40 minutos máis tarde porque o que lle entran a un é gañas de anular o pedido, marchar e non volver máis. O cabreo redúcese se cando chega a tapa esta é unha marabilla, como me sucedeu o pasado luns.

Paréceme a min que cinco ou dez minutos son tempo máis que suficiente ¿e ti que opinas?

Foto: www.santiagoetapas.com “Fusión marrocogalaica de mexillóns”

7 thoughts on “Cuestión de tempos

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *