Estrenando las tapas de Santiago

Co 25 de xuño chegou a estrea da segunda edición do Santiago(é)Tapas, o concurso no que participan 50 locais da capital de Galicia con 109 tapas, que se poderán degustar ata o 12 de xullo.

Na primeira sesión e con boa compaña visitei catro locais da primeira etapa (Praza do Obradoiro), nos que degustamos un total de nove tapas. O tomate, xurelo e sopa branca do Enxebre sorprenderá a moitos xa que no prato presentase simplemente un tomate pelado e cru sobre unha salsa branca. O peixe está dentro, lembrando un prato xa mítico en Compostela: o tomate kinder de Marcelo Tejedor.

A sardiña, que o ano pasado se converteu na gran campioa do concurso, volve a ter protagonismo nesta edición, neste caso mariñada e acompañada de xelatina de tomate (De Profundis). E se Ácio gañaba o concurso 2008 coa súa sardiña de San Xoán, que onte seguía na oferta de tapas do local (4 euros), este ano presenta uns chícharos con callos de bacallau e unha singular empanada de polbo seco e algas.

Completamos a ruta co revolto campesiño con pementos do convento de Herbón e o gazpacho de amorodos con perla de melón acompañado de torrada de queixo fresco con marmelada de tomate (De Profundis), pionono crocante de ibérico e corazón de mazá (Enxebre) e a tosta de salmón e o arroz mariñeiro do Caamaño

Foto tomada de www.santiagoetapas.com. Empanada de polbo seco

7 thoughts on “Estrenando las tapas de Santiago

  • 26 de Xuño de 2009 at 14:00 02Fri, 26 Jun 2009 14:00:20 +000020.
    Permalink

    ben certo é que me une unha vella amizade con Iago, e que non podo ser obxetivo, máis tendo en conta que non vou probar ningunha destas tapas; pero vendo esa foto (que non pode ser outra cousa que a empanada), teño que amosarme sorprendido e impresionado polo resultado: sinxelo e rupturista, orixinal e por descontado sabroso. Ante todo sinxelo,…, impresionante, perfecto.

    Reply
  • 26 de Xuño de 2009 at 19:17 07Fri, 26 Jun 2009 19:17:48 +000048.
    Permalink

    O de sabroso…. sacouno só pola foto? Xa me explicará como teño que facer, que aforraría unha pasta en restaurantes. Ás veces o entusiasmo cos amigos fainos esaxerar un chisco, seica….. 🙂

    Reply
  • 27 de Xuño de 2009 at 00:12 12Sat, 27 Jun 2009 00:12:30 +000030.
    Permalink

    É evidente que fixen ese comentario porque se trata dunha tapa dun amigo, de todos xeitos podo xustificar o dito: é unha tapa perfecta baixo o meu punto de vista porque responde á tradición galega en concepto e en ingredientes (acabo de miralos na páxina de santiago etapas, non os imaxenei…).
    O polbo é típico na empanada,pero non seco, que si o é na tradicción galega. As algas(que non aparecen na receta, pero si as cita Colineta), responden á un alimento que se están impoñendo en Galicia como importante productora das mesmas, e tamén autóctono. Así que se temos esas láminas crocantes de masa, o polbo seco, as algas que irán escaldadas ou hidratadas (non sei), ademais de cebola caramaelizada que lle da a jugosidad (non sei como se di en galego) necesaria…, temos unha elaboración totalmente nova pero con moito sentido.
    Non me parece desacertado dicir que está bo, se partimos da lóxica que estará ben elaborado, non?, ademais, se tan afeito estás a gastar en restaurantes, digo eu que algo saberás desto de comer, e apreciarar unha elaboración como esta..

    Bueno, e despois de tanta exlicación aclarar que onde vai de dios que non falo con Iago, que eu desta tapa só sei o que vexo e leo, que nin sequera a vou provar porque vivo lonxe de Santiago.
    disque… 😉

    Reply
  • 27 de Xuño de 2009 at 09:07 09Sat, 27 Jun 2009 09:07:04 +000004.
    Permalink

    …pois tanto ten se leva algas ou non, é un gran plato mire por onde se mire.

    Reply
  • 27 de Xuño de 2009 at 11:29 11Sat, 27 Jun 2009 11:29:42 +000042.
    Permalink

    Non se me mosquee que só era brincadeira. Polo demais eu estou afeito a gastar o menos posible. Só dúas cousiñas: Unha: o polbo seco é tradicional, pero consumíase rehidratado (de alí a sona das polbeiras do interior do país). E dúas: xa sei que son un antiguo e un paleto, pero eu opino sobre unha empanada unha vez que a probo.
    E para que vexa que son un tipo ecuánime direille que bonita si que é (a foto, digo….)

    Reply
  • 27 de Xuño de 2009 at 17:23 05Sat, 27 Jun 2009 17:23:30 +000030.
    Permalink

    por dios bendito, señor Esedidió…, non entendo a que veñen tales apelativos para si mesmo, opinar despois de pobar é lóxico, eu so tento dicir que coa información dada é deducible que se trata dunha gran elaboración, se sumamos que teño afinidade co autor, é comprensible que lle poña certo entusiasmo, que se non ¿que gracia ten facer un comentario?

    Respecto ó polbo seco, dicía literalmente no anterior comentario:

    “O polbo é típico na empanada,pero non seco, que si o é na tradicción galega.”

    Ou o que é o mesmo: o polbo é típico na empanada, pero non seco, (senon cocido); que si o é (o polbo seco) na tradición galega.

    E máis nada, que non me mosqueo, o que pasa é os comentarios ás veces non quedan moi ben en tan poucas palabras: por exemplo o comentario que fixen anteriormente respecto a se levaba algas ou non…, estouno lendo agora e… queda como un pouco rotundo de máis…non moi elegante.

    Ala, a seguir ben.

    Reply

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *