Santiago(é)tapas: falta unha semana

Santiago(é)tapas, o concurso de tapas de Santiago de Compostela, xa está en marcha. Do 25 de xuño ao 12 de xullo poderán degustarse as 109 tapas presentadas polos 50 establecimientos participantes nesta segunda edición.

Como o ano pasado, haberá cinco rutas de tapas e premios para todos os que completen polo menos unha etapa do seu tapasporte.

Como novidade, este ano créase o tapasporte colectivo, co obxectivo de fomentar a participación de grupos de empresa nas diferentes rutas.

Os hostaleiros participantes competirán para conseguir un dos premios outorgados polo xurado e polo público, inda que na pasada edición o premio máis apreciado polos mesmos foi a alta participación de público.

Foto: “Sardiña de San Xoán” 1º premio en 2008

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *