Panga versus sardiñas

La calidad nutricional del panga es sensiblemente inferior a la mayoría de los pescados habitualmente capturados y comercializados por la flota gallega y por lo tanto no sería recomendable sustituir estas especies por panga para justificar las raciones recomendadas de consumo de pescado en comedores colectivos, tales como los de las escuelas y los hospitales, entre otros“. Son palabras de Ricardo Pérez Martín, profesor de Investigación do Instituto de Investigacións Mariñas de Vigo que acabo de ler no número de xuño da revista Pesca Internacional.

Pérez Martín comparou o panga coa xarda, sardiña, bacallau, linguado, rape e albacora, chegando á conclusión de que todos teñen máis ou menos a mesma composición en canto a auga, proteínas, lípidos, glúcidos, etc. Pero cando analiza os ácidos graxos (saturados, insaturados, omega, epa e dha) o resultado é desalentador para o panga. Hai que salientar que a relación omega 3/omega 6 recomendada é de 2 ou inferior. É dicir, que os omega 6 nunca sexan máis do dobre que os omega 3. O panga duplica esa cifra máxima, mentres no resto do peixes esa relación é inferior a un cero.

O seguinte cadro está tomado do mesmo artigo de Pesca Internacional

Áidos grasos

Saturados Monoinsaturados Poliinsaturados Omega 6 Omega 3 EPA DHA
Caballa

3.221

4.027

3.572

375

3.089

913

1.557

Sardina

2.469

4.342

2.563

418

2.074

604

931

Bacalao

98

64

215

25

188

52

124

Lemguado

132

104

164

27

137

19

81

Rape

85

64

130

17

111

18

84

Albacora

514

513

456

58

390

65

286

Panga

467

438

168

139

29

2

17

5 thoughts on “Panga versus sardiñas

  • 17 de Xuño de 2009 at 11:21 11Wed, 17 Jun 2009 11:21:19 +000019.
    Permalink

    É esta sen dúbida unha información da que deberín tomar nota na administración á hora de establecer os menús nos centros. É posible facer menús de calidade nutricional e variedade sin trer que “invertir” (e digo ben, non gastar) moitos cartos, e si non que llo pregunten a Adriá.

    Reply
  • 18 de Xuño de 2009 at 00:12 12Thu, 18 Jun 2009 00:12:07 +000007.
    Permalink

    Conste que non é por meter o dedo no ollo, pero a relación O3/O6 non pode ser nunca inferior a 0. Se acaso, a 1, a 0,5 ou ao que vostede queira, pero unha fracción de números positivos é sempre maior que cero.
    En canto ao dos menús de calidade e variedade baratos, non creo que Adriá poda figurar como experto nese eido, francamente….

    Reply
  • 18 de Xuño de 2009 at 08:39 08Thu, 18 Jun 2009 08:39:55 +000055.
    Permalink

    Pregunte por canto comen os seus empregados todolos días no restaurante e qué menus…

    Reply
  • 18 de Xuño de 2009 at 12:56 12Thu, 18 Jun 2009 12:56:33 +000033.
    Permalink

    Pois estámosche apañados, meu, se ademais de magnífico vendedor de fume, adalid da cociña para papanatas (do tipo “lo que importa no es el sabor, sino el concepto”) e futuro Nobel de gastronomía (que, dado que seica Nestlé e Prisa andan nelo e o mundo está como está, de certo que o crean) vai resultar que lle temos que agradecer que nos ensine como comer san e barato (coño, pensaba que iso xa o inventaran as nosas nais), e todo iso sen pasar da FP. Francamente, demasiadas medallas para tan pouco peito. Vai rematar por parecer un xeneral da ex-URSS.

    Reply
  • 30 de Agosto de 2009 at 19:54 07Sun, 30 Aug 2009 19:54:56 +000056.
    Permalink

    Soy medica de atencion primaria en el ambulatorio Concepcion Arenal de Santiago de Compostela. Desde hace 2 a. me interesa la composicion grasa de los alimentos para recomendarle a mis pacientes los mas ricos en omega 3 (pescados, mariscos y algas) pero me faltan fuentes fidedignas de tablas de composicion en tanto x % o miligramos de los mas usados; sardina, caballa, atun, merluza, bacalao, pulpo, calamar, almeja, berberecho, mejillon, zamburiña, cigala, centolla, necora, bogabante, langosta y algas. El uso que yo daria a esto es unica y exclusivamente en la consulta del SERGAS, no tengo privada ni afan de publicarlo. En cuanto a mi persona me encanta el anonimato pero si quieren que les reciba lo hago encantada en mi consulta del Concepcion Arenal
    Saludos cordiales.
    Teresa.

    Reply

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *