Recetas con requeixo

Sobre o requeixo levo moito escrito e falado, pero queda moito por dicir ata conseguir que un produto tradicionalmente galego sexa aceptado por dereito propio no mundo da alta gastronomía e dos produtos de gran calidade que producimos no país. Vai sendo hora de que a consellería de Medio Rural se quite as orelleiras que ata o de agora non lle deixaban ver máis queixos galegos que os catro que teñen denominación de orixe, porque o certo é que hai máis, pero ningún tan galego e de calidade coma o requeixo, sexa o da Capela ou o das Neves, o de Arquega, o de Lorán ou calquera outro que se produza no país.

Tradicionalmente o requeixo consómese en Galicia como sobremesa, sen máis engadido que un pouco de azucre ou, se cadra, mel. Pero hai moitas outras fórmulas para este especial queixo fresco, tanto doces como salgadas. A última vez que me emocionou probar unha nova foi no taller impartido por Pedro Roca no programa Santiago Repetirás. As súas canas recheas de requeixo fixeron as delicias de tódolos participantes.

Pois algunhas desas fórmulas estupendas para consumir o requeixo doutra maneira están agora reunidas no libro “Receitas con Requeixo”, editado pola Cooperativa Campo Capela e presentado onte na sede da propia Cooperativa.

O libro reúne un total de 30 receitas de cociñeiros ben coñecidos coma o citado Pedro Roca ou Beatriz Sotelo (a Madrid Fusión levou o salmón mariñado con requeixo da Capela e encurtidos cuxa receita está no libro). Hai tamén receitas dos cociñeiros de tódolos restaurantes e casas de turismo rural existentes no concello da Capela, así como da panadería do mesmo e outros restaurantes clientes da cooperativa. E finalmente unha ducia de receitas de afeccionados participantes no concurso de receitas de sobremesas que cada ano organiza o Concello. Unha boa maneira de achegarse a este produto descoñecido para moitos.

Colineta ten un exemplar do libro para agasallar a un dos seus lectores. Sorteareino o próximo 21 de xuño entre tódolos comentarios marinado dende hoxe ata ese día.

17 thoughts on “Recetas con requeixo

  • 09 de Xuño de 2009 at 21:33 09Tue, 09 Jun 2009 21:33:45 +000045.
    Permalink

    Ti non estás un pouco desaproiveitado a nivel productora interasa en programa documental culinario e ou con entrevistas, pero ben feito?

    Reply
  • 09 de Xuño de 2009 at 23:16 11Tue, 09 Jun 2009 23:16:48 +000048.
    Permalink

    Pues todo eso que has escrito Miguel, nos lo vamos a leer, ya sabes que nos interesó mucho el tema, lo malo es que no lo podremos probar hasta que no demos un salto hasta Galicia ¿no?, ¿será posible hacerlo en casa?

    Un cordial saludo!

    Reply
  • 10 de Xuño de 2009 at 08:55 08Wed, 10 Jun 2009 08:55:38 +000038.
    Permalink

    Me gustaría saber la forma como se hace. No sé si tienes algún post anterior sobre ello. Me han comentado que es relativamente fácil hacerlo en casa a partir de leche y zumo de limón…

    Reply
  • 10 de Xuño de 2009 at 09:58 09Wed, 10 Jun 2009 09:58:06 +000006.
    Permalink

    Nunca he probado el requeixo pero supongo que lo podría encontrar aquí en Barcelona. Ya investigaré un poco. Gracias por la recomendación!

    Reply
  • 10 de Xuño de 2009 at 10:00 10Wed, 10 Jun 2009 10:00:51 +000051.
    Permalink

    Jose Manuel, Velsid, el requeixo podeis hacerlo en casa. Lo ideal con leche cruda, pero creo que el único productor de leche cruda de España (O Alle) está en Galicia. De no tener leche cruda, mejor pasteurizada. Con leche cruda basta con seguir lo que publiqué el año pasado (mirad el enlace en la primera línea del post). Con leche pasterizada es necesario emplear cuajo, aunque como dice José Manuel, creo que con un poco de zumo de limón y temperatura se consigue cuajar la leche.

    Reply
  • 10 de Xuño de 2009 at 10:01 10Wed, 10 Jun 2009 10:01:41 +000041.
    Permalink

    Carnota, estamos abertos a calquera proposta interesante. E con ideas ao respecto.

    Reply
  • 10 de Xuño de 2009 at 10:08 10Wed, 10 Jun 2009 10:08:08 +000008.
    Permalink

    O meu vindeiro experimento culinario en materia de receitas: “Tiramisú de Requeixo da Capela”, unha mestura Ítalo-Galaica interesante, a ver que é o que sae de ahí.

    Reply
  • 10 de Xuño de 2009 at 10:09 10Wed, 10 Jun 2009 10:09:51 +000051.
    Permalink

    Juan D. non deixes de comentarnos o resultado desta interesante idea ¡por favor!

    Reply
  • 10 de Xuño de 2009 at 19:47 07Wed, 10 Jun 2009 19:47:20 +000020.
    Permalink

    Mmmm, requeixón… O día máis feliz da miña vida foi cando descubrín o requeixón de Campo Capela nun supermercado. Antes só o comía cando miña nai tiña a ben facelo (que non era moi habitualmente: dá certo traballo e miña nai é unha muller ocupada).

    Reply
  • 11 de Xuño de 2009 at 14:20 02Thu, 11 Jun 2009 14:20:03 +000003.
    Permalink

    Pois eu teño que confesar que a primeira vez que o probara, así o auténtico, foi no Forum Gastronómico, no teu taller que acudín con curiosidades e salín informada.
    Ata daquela para min todos os quesos frescos eranche iguales,….o que fai a ignorancia.

    Reply
  • 11 de Xuño de 2009 at 19:18 07Thu, 11 Jun 2009 19:18:09 +000009.
    Permalink

    Yo quiero!
    Asi se los paso a mis compañeras que siguen negando la existencia del requeixo 🙂

    Reply
  • Pingback: Colineta » Blog Archive » Requeixo a domicilio

  • 15 de Xuño de 2009 at 12:32 12Mon, 15 Jun 2009 12:32:00 +000000.
    Permalink

    Aínda que non son moito de queixos, os que son suaves (coma o requeixo) si que me gustan. O primeiro que probei foi o das Neves. O malo é que me custa atopalo nos supermercados…

    Reply
  • 15 de Xuño de 2009 at 22:26 10Mon, 15 Jun 2009 22:26:28 +000028.
    Permalink

    Tenemos el cuajo, así que de este fin de semana no pasa que hagamos el requeixo.

    Muchas gracias Miguel

    Reply
  • 16 de Xuño de 2009 at 08:36 08Tue, 16 Jun 2009 08:36:49 +000049.
    Permalink

    VelSid, utilizad muy poco cuajo para que os salga bien.

    Reply
  • 20 de Xuño de 2009 at 16:28 04Sat, 20 Jun 2009 16:28:59 +000059.
    Permalink

    Hemos comprado leche entera para hacer el requeixo, normalmente consumimos la semi, imaginamos que así después le podremos incorporar más nata. Veremos qué y cómo sale 😉

    Muchas gracias Miguel

    Reply
  • 06 de Xullo de 2009 at 11:31 11Mon, 06 Jul 2009 11:31:18 +000018.
    Permalink

    Todas aquellas personas interesadas en comprar los productos de la Cooperativa Camp oCapela, los pueden comprar a través de la tienda de la página web http://www.agroalimentariadoeume.org. Es una asociacion formada por productores de la zona para vender sin intermediarios a consumidores finales. Envían los productos a toda la península.

    Reply

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *