Tapas

TapasRecordei aquel tempo en que un neno algo tiquismiquis coa comida levoume a devalarme os miolos para conseguir que cada día a súa cea fose un bicho ou, dito con máis rigor, a comida que había no prato parecese un caracol, unha bolboreta ou un dinosauro, por poñer algún exemplo, que era unha forma eficaz de conseguir que a cea chegase a bo fin.

Recordei aquel tempo cando en Navarra Gourmet me atopei coa caseta dunha marca de panadería na que se expuña un auténtico parque de atraccións de tapas, que se pode ver nas fotos. Seguro que os nenos gozarían como tolos nunha barra como esa. E se cadra comían o que en casa non comen.

4 thoughts on “Tapas

  • 26 de Maio de 2009 at 14:25 02Tue, 26 May 2009 14:25:33 +000033.
    Permalink

    Eu, que son pai de tres, empreguei a técnica de “se non o queres ao xantar, xa o tomarás á cea”, con excelentes resultados, por certo. Os meus perdéronse a experiencia de comer dinosaurios e seguramente a querencia polos cachos de pan con aspecto de candea, pero de certo que gañaron a capacidade de apreciar as cousas polo seu sabor e non pola súa pinta. Outra desavantaxe: van ter que ser reeducados para facerse fans da cociña molecular 🙂

    Reply
  • 26 de Maio de 2009 at 14:29 02Tue, 26 May 2009 14:29:28 +000028.
    Permalink

    eSedidió, eu tentei esa técnica, que foi a que algunha vez sufrín en carnes propias, pero non deu resultado.

    Reply
  • 26 de Maio de 2009 at 18:33 06Tue, 26 May 2009 18:33:15 +000015.
    Permalink

    Nosotros, además de tener la suerte de coincidir contigo en Navarra Gourmet y escuchar tu estupenda ponencia. También pudimos ver este “stans de maravillas con gluten”, si de verdaderas maravillas, que como bien dices era “un auténtico parque de atracciones de tapas”, tanto, tanto, que hubíeramos pecado, de no saber que nos serntiríamos mal después.

    Un abrazo,

    Ana y Víctor.

    Reply
  • 26 de Maio de 2009 at 19:01 07Tue, 26 May 2009 19:01:35 +000035.
    Permalink

    Podeis creerme que os entiendo. Mi hijo fue alérgico a la proteína de la leche hasta las nueve años y durante ese tiempo hice un verdadero master en etiquetado de alimentos u llegué a encontrar proteína láctea en jamón ibérico. Muchas veces en ese tiempo pensé que la industria alimentaria no tiene la más mínima conciencia y solo le interesan los resultados económicos. Afortunadamente, siempre encontramos a gente que nos demuestra que no todo son iguales.
    Ánimo con vuestro esfuerzo.

    Reply

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *