Blogs en Navarra Gourmet

Volvo á casa despois de intensos días en Navarra Gourmet dedicados preferentemente ao encontro de blogs, días que remataron cunha long espera en Pamplona por un avión que non daba despegado de Madrid, espera que nos permitiu contemplar unha impresionante tormenta de chuvia das que nunca vemos en Galicia. Mirando como caída cheguei unha vez máis ao convencemento de que en Galicia sempre chove miudiño e lembrei s palabras do cronopio: “Llueve, todo el cielo”.

O encontro de blogs foi todo un éxito e ao mesmo tempo constituíu un dos éxitos de Navarra Gourmet. Arredor de 50 representantes de blogs asistiron ao mesmo, e había blogs de todos os tipos, dende os profesionais no sentido de que constitúen un negocio do que alguén vive ata os absolutamente afeccionados, pasando polos xornalistas ou críticos profesionais con blogs. A sala era unha representación viva do que é o mundo da blogosfera gastronómica, onde, como defendín na miña exposición (chamarlle ponencia é moi presuntuoso) os límites entre a profesionalidade e o amateurismo están desaparecendo moi rapidamente porque cada vez hai máis profesionais da comunicación metidos a bloggers e cada vez hai máis bloggers que naceron como amateurs que están incorporándose a medios de comunicación. Noutras circunstancias este feito daría pe a un enfrontamento entre profesionais e amateurs acusando os primeiros de instrusismo aos segundos. Por diversas circunstancias non se da aínda ese debate e ata é improbable que chegue a ter lugar, pero eu confío en que todos eses afeccionados que acceden a colaborar con medio de comunicación o fagan cobrando polos seus servizos. Facelo de balde é xogar co pan de moita xente que vive deso.

Penso que entre as razóns que evitan o enfrontamento arredor dun suposto intrusismo está o feito de que hai un par de anos se deu un choque claro entre profesionais e bloggers, enfrontamento no que recuou hai tempo a primeira facción, mentres na segunda hai queda quen tenta manter o lume do enfrontamento acceso. Como dicía antes e antes dixen en Pamplona, a raia que separa a uns de outros é ás veces tan sutil que o debate e o enfrontamento son absurdo.

7 Caníbales, El País, Reyno Gourmet (Twitter, Youtube), Gastronomía y Cia, Capítulo o,

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *