As galletas mariñeiras, distinguidas cunha estrela polo International Taste & Quality Institute

As galletas mariñeiras DAVEIGA foron distinguidas cunha estrela polo International Taste & Quality Institute (iTQi) polo seu sabor, aroma, textura e presentación. É a primeira vez que un produto da industria alimentaria galega recebe este galardón, que outorga o iTQi, organización radicada en Bruxelas e integrada por chefs e sumilleres e dedicada a avaliar e promover os alimentos de calidade en Europa.

So outra empresa galega (Aguas de Mondariz) ten este mesmo galardón, conseguido tamén na edición 2009.

O xurado avaliador valorou especialmente a primeira impresión causada polas galletas mariñeiras DAVEIGA, a súa textura, sabor e aroma. Cada alimento é valorado polos membros do xurado a cegas, sen envoltorios nin identificacións que permitan coñecer a orixe do mesmo, e valorase en función das súas propias calidades, sen comparalo con outros semellantes ao non tratarse dun concurso.

Na edición de 2009 o xurado analizou un total de 796 produtos, previamente selecionados, e procedentes de países de todo o mundo, dos que 525 acadaron puntuación suficiente para recibir algunha estrela e formar parte do palmarés do Superior Taste Award, considerado como a guía michelín dos alimentos.

As galletas mariñeiras DAVEIGA son unha forma de pan moi innovadora para o século XXI malia que a súa orixe veña do século XV en que constituían a base da alimentación dos barcos españois e portugueses que se lanzaron á conquista do mundo. Daquela recibían tamén o nome de biscoito e pan de barco.

Producidas en Chantada (Lugo) o emprego de materias primas producidas ou transformadas en Galicia representan mais do 80%. Fariña de trigo do país e de trigo ecolóxico, fariña e extracto de malte, manteiga, aceite de oliva, lecitina de soia, masa madre e lévedo natural son os ingredientes das distintas variedades de galletas, que se comercializan en cinco presentacións: galletas mariñeiras clásicas, sen sal, especiais para canapés, con aceite de oliva e con algas galegas. As dúas últimas variedades están amparadas polo Consello Regulador da Agricultura Ecolóxica de Galicia.

2 thoughts on “As galletas mariñeiras, distinguidas cunha estrela polo International Taste & Quality Institute

  • 15 de Maio de 2009 at 16:36 04Fri, 15 May 2009 16:36:04 +000004.
    Permalink

    donde las venden por favor ..yo quise comprarlas y no encontre ni siquiera en el supercor

    Reply
  • 15 de Maio de 2009 at 17:52 05Fri, 15 May 2009 17:52:05 +000005.
    Permalink

    Isa, las galletas mariñeiras se pueden encontrar en Carrefour, supermercados Froiz, Hipercor y El Corte Inglés, así como en tiendas delicatessen y de productos ecológicos en Galicia, Madrid, Castilla-La Mancha, Andalucía, Cataluña, Murcia y Portugal.

    Reply

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *