Volve santiago(é)tapas, o concurso de tapas de Compostela

Santiago(é)tapas, o concurso de tapas de Santiago de Compostela, celebrará a segunda edición entre o 25 de xuño e o 12 de xullo co obxectivo de superar os resultados da primeira edición, na que se venderon preto de 20.000 tapas.

O concelleiro de Promoción Económica e Turismo de Santiago, Xosé Manuel Iglesias, realizou hoxe a presentación pública do concurso, no que, igual que o ano pasado, os clientes poderán gañar premios directos empregando os seus tapasportes, que serán selados nos establecementos participantes.

Como novidade, nesta segunda edición haberá un tapasporte colectivo, dirixido a fomentar a participar de grupos de persoas dunha mesma empresa. Tamén será novidade a concesión por parte do público do premio (e)xcelente 09 dirixido a valorar a atención e servizo prestado polos establecementos participantes. O público concederá tamén un premio á mellor tapa.

E para garantir a calidade das tapas presentadas a concurso e a súa adecuación ás bases haberá un xurado de preselección, que valorará as propostas dos locais inscritos e eliminará do concurso as que non respondan ao concepto de tapa, non ofrezan unha calidade mínima ou non presenten unha relación calidade-prezo axeitada. Non poderán presentarse ao concurso as tapas que habitualmente se serven de balde nos locais participantes.

One thought on “Volve santiago(é)tapas, o concurso de tapas de Compostela

  • 12 de Maio de 2009 at 18:23 06Tue, 12 May 2009 18:23:02 +000002.
    Permalink

    Menos mal que hay un poco de sentidiño y siguen en pie las buenas propuestas. Y el E-tapas, fue sin lugar a dudas de las mejores del 2008.Enhorabuena!

    Reply

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *