Galicia colaborará na creación dunha escola de hostalería en Exipto

O Centro Superior de Hostalería de Galicia colaborará co Axencia Española de Cooperación Internacional para o Desenvolvemento (AECID) para a posta en marcha dunha escola de hostalería en Minya, a capital da provincia do mesmo nome do Alto Exipto, aproveitando a sua experiencia docente e de implementación de proxectos internacionais, como o recente posta en marcha da Escola de Koggala na provincia sur de Sri Lanka.

O obxectivo futuro é que a escola de Minya sexa un centro educativo de referencia para a formación de profesionais no sector turístico e hostaleiro de Exipto.

Minya o Menia (Al Minya, en árabe) é unha cidade de Exipto, situada na beira occidental do río Nilo, aproximadamente a 225 quilómetros ao sur de El Cairo. A súa poboación supera os 200 mil habitantes, sendo sede da Universidade de Al Minya. Nas aforas da cidade atópase o cemiterio cristián-musulmán de Zawiyyet al-Mayyiteen (“lugar da Morte”), o máis grande do mundo.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *