Cita na Mariña

Nesta ponte a cita gastronómica ineludible está na Mariña de Lugo. Esta mesma tarde (30 de abril) abre en Ribadeo Con queixo, pan e viño ven ao Camiño. Produtos de prácticamente tódalas comunidades do norte de España que se poderán degustar ata o día 1.

E en Mondoñedo as tradicionais festas das Quendas, coa non menos tradicional festa da empanada, que en Mondoñedo sempre foi produto moi apreciado pola súa calidade. Sempre se dixo que a auga facía moi especial o pan de Mondoñedo. A empanada faina especial o costume mindoniense de elaborala sobre follas de verza, inda que tamén se elabora en lata.

Quen puidera ir probala
meu amigo…

One thought on “Cita na Mariña

  • 07 de Maio de 2009 at 19:29 07Thu, 07 May 2009 19:29:12 +000012.
    Permalink

    A verdade que lle tirei moito proveito: comprei un queixo cántabro curado, un pirenaico riquísimo, un pan de millo, dous licores de Galván (creo) e un ribeiro de Sameirás, o 1040 (gran tipo o bodegueiro)

    Reply

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *