Cata de Estrella Galicia

Dous mil catrocentos anos antes de Cristo os sorianos xa bebían cervexa. Polo menos esa é a conclusión a que un chega despois de escoitar a José Luis Olmedo, un dos dous mestres cervexeiros de Estrella Galicia, asegurar que en relación coa cervexa os restos arqueolóxicos máis antigos aparecidos en Europa teñen esa antigüidade e atopáronse en Ambrona (Soria) “o que cabrea bastante aos alemáns”, dixo.

Estrella Galicia reuniu hoxe a un grupo de xornalistas para unha cata de cervexas e posterior comida na que non houbo viño e ningúen, ao que parece, botouno de menos.

Entre a cata e a comida houbo sesión de tiraxe de cañas. Olmedo explicou o sistema e quen quixo puido probar a súa destreza nun arte pouco común en Galicia. Despois dos resultados obtidos na primeira ou segunda caña que tiraron algúns xornalistas quedei convencido de que so tira mal a cervexa quen quere, é dicir, a maioría dos taberneiros galegos. Haberá un video sobre o asunto.

Aprendemos os rudimentos da cata de cervexas, que o tempo non daba para máis, pero tamén que a cervexa tal e como a coñecemos na actualidade non chegou a España ata mediado o século XVI, cando Carlos V trae de Alemaña os seus mestres cervexeiros. A industria dos sorianos de hai máis de 4.400 anos non prosperou.

E soubemos que Estrela Galicia é a cuarta empresa cervexeira de España en importancia, pero a primeira de capital integramente español. Por diante están Mahou-San Miguel (propiedade da francesa Danone, xa ven que a cousa ten chiste cando estamos a piques de celebran o 201 aniversario do levantamento madrileño do 2 de maio). En segundo lugar sitúase a alemá Heineken (propietaria de Cruz Campo e Aguila) e en terceiro lugar Damm, que xa non é de propiedade catalá senón alemá.

Parece que os españois non somos grandes consumidores de cervexa, xa que estamos por debaixo da media europea e moi por debaixo de checos e alemás, que son os grandes bebedores de rubias do continente. Deberían ter checos e alemánns unha saúde envexable, xa que segundo Olmedo a cervexa reduce o risco cardiosaudable, reduce o colesterol malo, aumenta o bo e achega antioxidantes naturais. O truco está en que para acadar eses beneficios sen efectos colaterais hai que facer un consumo moderado de cervexa, así que igual somos os galegos os que nos beneficiamos de tales propiedades.

Olmedo insistiu moito en tentar rebater o mito de que a cervexa engorda, asegurando que un vaso de cervexa ten as mesmas calorías que un de zume de laranxa. O problema vai ser, digo eu, que cando un sae de farra está disposto a beber varios vasos de cervexa, pero non coñezo a ninguén que faiga o mesmo con varios de zume de laranxa.

E para rematar unha última curiosidade: a cervexa máis cara do mundo é danesa. Trátase da Calsberg vintage. Unha botella de 35,5 centílitros (algo máis que unha Estrella, que ten 33 centílitros) custa arredor de 250 euros.

¡Que espera Calsberg a facer unha cata para centilitros en Santiago!.

Foto: José Luis Olmedo

One thought on “Cata de Estrella Galicia

  • 17 de Febreiro de 2010 at 11:41 11Wed, 17 Feb 2010 11:41:47 +000047.
    Permalink

    Querido columnista,

    Deberia de informarse bien de la procedencia de los capitales de los grupos cerveceros citados en su publicación “Cata de Estrella Galicia”, ya que GRUPO DAMM, es 100% capital español, perteneciendo un 49% de Madrid y el resto a Cataluña.

    Reply

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *