Leite a granel
A venda a granel é o máis bonito que hai. Fronte aos andeis do supermercado, no que se suceden as etiquetas, eu prefiro os ultramarinos de antano, dos que xa non quedan, onde se sucedÃan os sacos de garavanzos, lentellas, azucre, fariña… Fronte ás bolsa de plástico serigrafÃadas coa marca do hiper, eu prefiro os vellos cartuchos de papel no que os tendeiros servÃan os seus xéneros. Lembro, incluso, as máquinas expendedoras de aceite a granel. A gravidade permitÃa encher as botellas, inda que para vencer previamente a mesma gravidade habÃa que accionar a bomba que elevaba o lÃquido, bomba que se movÃa a brazo. Dálle para a dereita, dálle para a esquerda, e o lÃquido amarelo ou verdoso Ãa enchendo o recipiente graduado que permitÃa medir o aceite dispensado.
Nas reportaxes sobre paraÃsos afastados aÃnda se pode ver a venda a granel. E resultan especialmente deliciosos os mercados de especias polo seu colorido.
Entre nos é un tipo de comercio en franca decadencia, reducido aos produtos frescos da praza de abastos e pouco máis.
Asà que non me estraña o éxito mediático que está a ter esa máquina dispensadora de leite a granel que instalaron en non sei que lugar de Navarra e de Cataluña. Unha contradición absurda mercar leite ao parecer de primeira calidade e unicamente pasteurizado nunha máquina emprazada nun lugar público e que, polo que vin na televisión, calquera pode manipular. Basta abrir unha portiña para acceder á billa pola que sae o leite e na que calquera pode depositar o que lle dea a gana. Paréceme que o sistema quebra toda a seguridade que debe haber arredor do leite fresco e en caso de problemas non vai haber a quen reclamar, xa que sempre será fácil para a empresa aducir que a contaminación bacteriana, por poñer un caso posible, viña no envase no que o cliente meteu o leite.
Nin tolo merco eu leite a granel en dita máquina. Prefiro seguir co leite pasteurizado de Leyma ou co leite cru de O Alle. Eso si é un luxo.
De acuerdo en la ultima parte, pero no en la primera. Muchos productos dejaron de venderse a granel por un puro criterio comercial pero otros, como la leche, lo hicieron tambien por un componente sanitario.
Y del vino a granel prefiero no hablar ya….
José Luis, creo que me expresé mal. QuerÃa decir que la venta a granel es bonita visualmente, pero no defender ese tipo de venta. Como consumidor quiero que los productos que compro vengan perfectamente envasados y etiquetados. Es más, creo que el etiquetado actual es insuficiente y permite que la industria alimentaria nos cuente lo que quiere y oculte lo que no le interesa que sepamos. Y no es la primera vez que lo escribo en el blog.
Ahora, bien, estarás conmigo en que eran mucho más bonitos los viejos ultramarinos que los actuales supermercados.
Entendido ahora. Y si, era precioso (es precioso aun para determinados productos y lugares). No hay como las viejas fruterias, con todo el fresco encima, por piezas, en un autentico paisaje digno de cualquier impresionista frances…
Que nadie olvide o leite pasteurizado en bolsa da cooperativa Loureiro.
Canedo, non coñezo ese leite. ¿Podes ampliar a información? ¿É unha cooperativa do Irixo?
Si, é unha cooperativa do Irixo ( Ourense ) : Cooperativa Santa MarÃa de Loureiro. Vende leite pasteurizado en bolsas , iogures , queixos e kefir ; e na zona de Ourense podese comprar ( nos supermercados Gadis, por exemplo ).
Boas tardes, acabo de descubrir esta páxina, e de descubrir a cooperativa nela. Dende Loureiro invitovos a probar os nosos productos, sobre todo ante esta novidade da leite a granel.
Un forte saudo