Xornadas do caril en Compostela

Ata o 30 de abril o restaurante El Bocalino (República Arxentina, 11, Santiago de Compostela) celebra unhas xornadas gastronómicas sobre o caril (curry), posiblemente as primeiras que teñen lugar en Galicia.

Xesús Sordo, o cociñeiro e propietario do local, propón cinco carils como primeiro prato e cinco para segundo, pero pola miña experiencia de hoxe os primeiros poden perfectamente tomarse como segundo.

A proposta para primeiros é:

Xarda con verza ao caril de cahsmire

Coroa de arroz con mexillóns ao caril vermello

Garavanzos con gambóns e luras ao caril indian

Fideúa con ameixas e shiitake ao caril de Bombai

Gambóns á gabardina ao caril verde.

E como segundos:

Chuletiñas de coello ao caril barbacoa

Escalopíns de polo ao caril Malayali con coco e mazá

Espetada de año e orellóns con plátano ao caril verde

Espetada de rape e vieira ao rape Madrás

Taquiños de lombo de tenreira á Haiti con piña e pexego ao caril de Sichuan.

Os prezos dos pratos oscilan entre 5,75 e 12,90.

A min chamoume a atención dende o primeiro momento a xarda con verza da fotografía, así que a pedín despois duns espárragos gratinados con queixo (4,50 euros). Espárragos brancos, de lata, pero de boa calidade. Mágoa que o queixo non tivera algo máis de intensidade.

Pero o importante era o caril e direi que resultou suave e lixeiro, pero moi saboroso e acompañando moi ben a xarda, algo cociñada de máis. As verzas estaban como eu agardaba: estupendas, saborosas e lixeiramente duriñas, como ao dente. Xarda e verzas por separado moi ben, pero non facían unha gran parella. Iso si, por 6,25 non se pode pedir máis.

Saín convencido de que El Bocalino nos ofrece unha boa ocasión de gozar do caril, algo pouco habitual en Galicia. Especialmente indicado para grupos e compartir as racións para picotear un pouco de todo.

3 thoughts on “Xornadas do caril en Compostela

  • 23 de Abril de 2009 at 08:37 08Thu, 23 Apr 2009 08:37:08 +000008.
    Permalink

    No, si tú tampoco tienes mal saque…. ¡Hay que comerse una buena lata en Navarra! 😉
    Un saludo
    Roberto

    Reply
  • 23 de Abril de 2009 at 18:59 06Thu, 23 Apr 2009 18:59:15 +000015.
    Permalink

    Curioso… a pesares de ser dos máis habituais na India, non hai un só caril vexetariano, nin nos primeiros nin nos segundos.

    Unha aperta…

    Reply
  • 30 de Abril de 2009 at 13:32 01Thu, 30 Apr 2009 13:32:59 +000059.
    Permalink

    ¡Qué interesante! A ver si puedo pasarme.

    Reply

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *