Libros e viño

Non é mala a combinación para festexar o día do libro. Un total de 30 librarías galegas e a adega Rosalía de Castro proponen por segundo ano unha singular iniciativa: os compradores de libros por un importe de máis de 25 euros serán agasallados cunha botella de albariño Rosalía de Castro e un marcapáxinas orixinal. A compra, naturalmente, deberá producirse o 23 de abril no que se celebra o día do libro.

As librerías que se sumaron a esta iniciativa son máis de 30, repartidas entre as cidades de A Coruña (Fnac, Casa del Libro, Couceiro Librerías, Librería Formatos, Librería Arenas, Librería Sisargas, Librería Xiada); Padrón (Librería Sar); Vilagarcía (Librería Nobel); Pontevedra (La Pipa de la Plata, Librería Baroja, Librería El Pueblo, Librería Paz, Michelena); Santiago (Encontros, Librería Abraxas, Librería Follas Novas, Librería Fonseca, Universitas); Ferrol (Central Librera); Lugo (Librería Souto); Ourense ( Librería Stylo, Librería Nobel) y Vigo (Casa del Libro, Librouro, A Libroteca, Andel do Libro Galego e Portugués, Librería Gran Vía Nobel, Librería Versus).

Claro que sempre hai un pero. ¿E non sería mellor regalar o viño co motivo do Día das Letras Galegas (17 de maio) data elixida precisamente por coincidir coa publicación dunha obra de Rosalía?

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *