Un Presidente de festa en festa… gastronómica

Coas eleccións acabadas de gañar, Alberto Núñez Feijóo pasou pola festa da Filloa da Pedra, en A Baña, e nada máis tomar posesión da Presidencia da Xunta de Galicia estivo na do Queixo da Ulloa, en Palas de Rei. E polo medio penso que non houbo fin de semana en que non participase nunha festa gastronómica.

Teremos que deixar pasar algún tempo para ver se o Presidente da Xunta de Galicia continúa cun ritmo semellante e de onde ven o seu interese por este tipo de acontecementos festeiros. Sería bo descubrir que se trata dun presidente interesado pola gastronomía galega e as nosas materias primas, ás que boa falta lles fai un pouco de atención institucional.

Pero pode ser tamén que o Presidente so busque, nestes primeiros tempos, a súa cota de baño de multitudes. O tempo despexará as dúbidas.

One thought on “Un Presidente de festa en festa… gastronómica

  • 20 de Abril de 2009 at 10:29 10Mon, 20 Apr 2009 10:29:15 +000015.
    Permalink

    Seica tamén estivo na do viño de Amandi en Sober.

    Reply

Deixa una resposta a Moraiminha Cancelar a resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *