Cereais e castañas na Galicia de antano

O post sobre mitos culinarios publicado hai uns días suscitou un intenso debate con dous lectores que non comparten as ideas expresadas por min en dito texto. Recomendo aos interesados no tema a lectura dos comentarios de ditos lectores.

Neste segundo post vou ofrecer algúns datos que respaldan as miñas afirmacións. Hai moitos máis, pero intento non aburrir.

A finais do século XVIII Eugenio Larruga publicaba a súa obra máis famosa Memorias políticas y económicas sobre los frutos, fábricas, comercio y minas de España, con inclusión de las órdenes, disposiciones y reglamentos expedidos para su gobierno y fomento. No apartado de Galicia fala das principias producións do país: centeo (1.628.660 fanegas), millo (1.571.638 fanegas), trigo (348.655 fanegas), millo miúdo (43.827 fanegas), avea (36.809 fanegas), cebada (29.932 fanegas). En total máis de 3,65 millóns de fanegas dedicadas a cereais. E non era suficiente. En 1800 estima que Galicia importa 70.000 fanegas de trigo, 60.000 de centeo e 45.000 de millo.

A produción anual de castañas superaba, según Larruga, as 176.000 fanegas.

E di Larruga: “El alimento ordinario del pueblo gallego es, en lo interior del país y en las montañas que linda con Asturias y Reyno de León, el pan de centeno, las castañas y nabos, y las carnes saladas y cecinas. Y en la costa el pan de maíz, solo o mezclado con el centeno, las habichuelas, sal sardinas, los mariscos, y todo género de legumbres“.

Anos antes escribirá o padre Feijoo: “Su alimento es un poco de pan negro, acompañado de algún lacticinio o alguna legumbre vil, pero en tan escasa cantidad, que hay quienes apenas una vez en la vida se levanta saciado de la mesa“. Escribía sobre os labregos de Galicia, Asturias e as montañas de León.

2 thoughts on “Cereais e castañas na Galicia de antano

  • 21 de Abril de 2009 at 10:04 10Tue, 21 Apr 2009 10:04:34 +000034.
    Permalink

    Cando se vai comezar a valorizar pratos tan gorentosos como os ovos fritidos con broa (ou pan de millo)?
    A min nin se me ocorre pedilo nun restaurante, pero os cociñeiros deberian comezar a considerar dar a coñecer os nosos pratos mais simples e deliciosos (será q non lle dan importancia porque non non é chique?).

    Reply
  • 21 de Abril de 2009 at 15:58 03Tue, 21 Apr 2009 15:58:12 +000012.
    Permalink

    Tino, de acordo por completo. Creo que a cociña innovadora é moi interesante, pero non debemos perder de vista a tradicional, que nos ofrece pratos deliciosos.

    Reply

Deixa una resposta a Miguel Vila (Colineta) Cancelar a resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *