“Viño” sen alcohol

Estes días saltaba a noticia aos titulares: en maio estará no mercado o primeiro viño sen alcohol producido en España e resulta ser obra de dous galegos. Adegas de Ribera del Duero, Penedés e A Mancha xa elaboran viños sen alcohol, pero a diferenza do galego (Raisin D’Or será a marca) todos teñen entre 0,2 e 0,5 grados mentres o novo produto será un 0,0.

Non imos poñer o carro diante dos bois e falar, mal ou ben, dun produto que non coñecemos.

Pero a dúbida é se estes produtos son viño ou non e se podemos chamarlles de tal maneira.

O ser humano leva miles de anos producindo e consumindo viño e sempre foi un produto con alcohol. En realidade, se atendemos ás explicacións dos etnólogos máis prestixiosos, o único obxectivo que tivo o home para fermentar uvas (e tamén outros produtos) foi obter alcohol. Así que semella que un viño sen alcohol é ao viño o que a música militar é á música.

Pero hai máis. A vixente Lei da Viña e do Viño, promulgada en 2003, di que o viño é “el alimento natural obtenido exclusivamente por fermentación alcohólica, total o parcial, de uva fresca, estrujada o no, o de mosto de uva.” En ningún párrafo da lei se indica a posibilidade de eliminar o alcohol e inda que explicitamente a lei non diga que o viño ten que conter alcohol si o fai implicitamente cando prohibe aumentar o seu grado alcohólico: “Queda prohibido el aumento artificial de la graduación  alcohólica natural de uva, mostos y vinos, con la excepción de los supuestos en que expresamente se permita.”

Tamén di a lei que “Las definiciones de los productos son excluyentes, no pudiendo utilizarse las respectivas denominaciones más que en los productos que se ajusten estrictamente a la definición“. O viño desalcoholizado evidentemente non se axusta estritamente á definición de viño, así que vai haber que inventar una nova forma de definir a este produto, que non é tan novo como nos queren dar a entender algúns. Hoxe producen viño sen alcohol ou con menos de medio grado adegas de Ribera del Duero, Penedés e A Mancha, de Alemaña, Francia e California. Ata hai xa unha tenda online dedicada exclusivamente á venda de viños sen alcohol

4 thoughts on ““Viño” sen alcohol

  • 20 de Maio de 2009 at 19:00 07Wed, 20 May 2009 19:00:32 +000032.
    Permalink

    Hola, me gustaria que me informara de todo y donde se hace el vono, un saludo

    Reply
  • 09 de Xuño de 2009 at 12:01 12Tue, 09 Jun 2009 12:01:13 +000013.
    Permalink

    Es para informarte que hay otra tienda Internet que se dedica a la promoción y venta de vinos, cidras y cervezas sin alcohol (desalcoholizados):- http://www.bebidasin.com
    saludos cordiales

    Reply
  • 09 de Novembro de 2009 at 12:35 12Mon, 09 Nov 2009 12:35:34 +000034.
    Permalink

    hola a todos!
    creo que eminasin (de ribera del duero), tiene la version 0’0 (adem´´as del eminasin de 0’5)
    por si a alguien le interesa, creo que se puede comprar en cualquier supermercado (Carrefour, etc)
    saludos

    Reply
  • 29 de Abril de 2010 at 17:12 05Thu, 29 Apr 2010 17:12:02 +000002.
    Permalink

    Hola a todos! También hay Élivo, en tinto, blanco y espumoso, yo los probé y estan buenisimos!!
    un saludo

    Reply

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *