A marca da xenebra

Os gandeiros españois maniféstanse en defensa das súas explotacións e o seu futuro profesional. Aseguran que malvenden o leite mentres a industria importa leite francés, de peor calidade. Os gandeiros españois non dan producido leite suficiente para abastecer o país (as cotas impostas pola UE teñen moito que ver no asunto) nin son capaces de vender o que producen. ¿E vostede que opina ao respecto?.

En boa medida a resposta a esta grave problemática está nas nosas mans, a dos consumidores. Cando algo non se vende a industria deixa de producilo, así que se so mercamos leite español as importacións terán que reducirse ao imprescindible para cubrir o déficit existente. O problema está en como saber que leite é español e cal de importación.

Hai uns días o goberno anunciaba que esa carencia informativa ía rematar coa incorporación dunha dun Q nos envases de leite española. É unha medida necesaria, pero absolutamente insuficiente.

A normativa de etiquetado de alimentos é tan pouco rigorosa que a industria pode facer o que lle dea a gaña. É legal vender leite en envases nos que constan dous rexistros sanitarios de industria, co que non sabemos se esta ven de Bilbao ou de Córdoba. É legal vender “berberechos de las rías” inda que veñan de Holanda. É legal empregar letras tan pequenas nas etiquetas que resulta imposible lelas. É legal poñer en letra grande na etiqueta “margarina con aceite de oliva”, inda que este supoña unha parte mínima das graxas que contén o produto. En definitiva, é legal tomarnos o pelo. E nos tan contentos e tan felices porque en realidade ao consumidor interésanlle pouco estas cousas.

Preocúpanos, e moito, a marca de xenebra dese gin tónic que tomamos de cando en vez. O leite de cada día, co que medran os nosos fillos, de brick, de marca branca e do máis barato. Probablemente somos o país desenvolvido onde o consumo de leite de brick supera, e moito, a calquera outro tipo, sendo, como é, o peor leite do mercado.

O leite pasterizado asegúranos que levamos para a casa un produto moito mellor e nacional. E o seu prezo non supera moito aos bricks de marcas brancas e resulta máis barato que os bricks de marcas tradicionais. Os galegos, ademáis, contamos con O Alle, que nos permite levar á casa leite cru, tal como saiu dos tetos das vacas, sen pasteurizar. Un luxo que non todos os que poden se permiten. Interesalles máis a marca da xenebra

7 thoughts on “A marca da xenebra

  • 17 de Abril de 2009 at 09:06 09Fri, 17 Apr 2009 09:06:27 +000027.
    Permalink

    Moitas veces, o problema é que ademais intentas comprar produto galego como por exemplo leite galego coma o de Negreira, e as calidades deixan moito que desexar, polo que te pasas a outras marcas.

    Reply
  • 17 de Abril de 2009 at 14:13 02Fri, 17 Apr 2009 14:13:53 +000053.
    Permalink

    Justo ayer leía en el libro “El detective en el supermercado”, muy recomendable sea dicho, las trampas de la industria en el etiquetado y las presiones que ejercen sobre los goviernos para llevarlo todo a un terreno pantanoso y confuso donde ellos se mueven como pez en el agua. Hemos de hacer alguna cosa ya para intentar canviarlo.
    Un saludo

    Reply
  • 17 de Abril de 2009 at 17:48 05Fri, 17 Apr 2009 17:48:32 +000032.
    Permalink

    Sobre el porque del momento actual en el mercado lechero gallego habria muuuuuuuuuuuucho que hablar (permitase la gracieta sobre un tema que no tiene nada de gracioso)…
    ¿Cuanto es culpa de los propios ganaderos?,¿porque se dejo campar a sus anchas a la industria durante decadas hata llegar al desastre actual?. Y lo mas importante ¿que culpa tiene la ginebra de todo esto?… porque que sepas que a la gente le importa otro bledo la que le ponen en el GT… y sino fuese asì Larios y Befeetter hace tiempo que habrìan chapado… (otra gracia para mejorar el clima del asunto)…

    Reply
  • 17 de Abril de 2009 at 18:17 06Fri, 17 Apr 2009 18:17:59 +000059.
    Permalink

    La ginebra no tiene ninguna culpa, José Luis. La tenemos los consumidores que nos preocupamos mucho por algunas cosas y muy poco por otras. Eso no quiere decir que el gusto de la mayoría consumidora, en materia de ginebras, vinos o cualquier otra cosa sea una tendencia a seguir.
    Para seguir poniendo humor en el debate recordar aquel dicho: “Come mierda, 100.000 millones de moscas no pueden equivocarse”. Podríamos aplicarlo a muchas cosas: “Bebe leche de brick, 40 millones de españoles no pueden equivocarse”. “Mira los programas de televisión de más audiencia, millones de espectadores no pueden equivocarse”. “Lee los blogs más populares, cientos de lectores no pueden equivocarse”. Al final nos equivocamos todos, que demostramos más instinto gregario que las merinas.

    Reply
  • 21 de Abril de 2009 at 09:44 09Tue, 21 Apr 2009 09:44:14 +000014.
    Permalink

    Permítame o atrevemento, é q son un maniático dos xéneros das palabras. E onde di: “Hai uns días o goberno anunciaba que esa carencia informativa ía rematar coa incorporación dunha Q nos envases de leite española” Deberia dicir “…dun Q nos envases de leite español”.

    Noutra orde, eu penso q os gandeiros, como o resto da poboación e sectores, temos o q merecemos: consumimos tele-lixo, pois non nos estrañemos q os nosos fillos nos repudien e insulten, sen respeto ningún polos maiores e profesores. Son os propios pais os q lle antepoñen valores como “os cartiños diante de todo”… “as raíces: para queimar na lareira”, e así con todo.

    En Francia a industria láctea (agora) é mimada polos seus dirixentes (tamén pasaron as suas) e dotaron as explotacións, industrias e cooperativas (incentivadas estas até o infinito) de toda clase de infraestruturas e axudas, q os fixeron os mais competitivos de europa (por competitividade, enténdase, non baixo prezo, senón investigación, desenvolvemento e axudas á exportación).

    Aqui xa sabemos o q tivemos, e o delfín do destruidor do sector agro-gandeiro está aleccionado na mesma doutrina, por moito q veña cun discurso presuntamente novo: non me convence.

    Reply
  • 21 de Abril de 2009 at 16:00 04Tue, 21 Apr 2009 16:00:33 +000033.
    Permalink

    Gracias pola corrección do xénero gramatical do Q, que xa está resolto. Imaxino que todos eses “q” que hai no comentario son unha chiscadela a este asunto. Porque eu tamén son un maniático e non aguanto as abreviaturas innecesarias.

    Reply
  • 23 de Maio de 2009 at 14:09 02Sat, 23 May 2009 14:09:50 +000050.
    Permalink

    Tienes mucha razón cuando dices que hay cosas legales, pero que no son éticas. Se hacen con intención de engañar, y eso es precisamente lo que TU has hecho con el título de este post: “En definitiva, … tomarnos el pelo.”

    Reply

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *