Nas “cociñas” do concurso Cocinero del Año

A procesión ía por dentro, seguro, pero os nervios non parecían estar a flor de pel nas cociñas do Centro Superior de Hostalería de Galicia onde sete chefs galegos, dous asturiáns e un cántabro se xogaban o pase á final do concurso Cocinero del Año, que terá lugar en Barcelona en 2010 Nin a presenza de cámaras de televisión, reporteiros, fotógrafos e xornalistas parecía inquietalos moito.

O inicio do traballo do xurado foi, de novo, unha tormenta eléctrica de flashes e cámaras, que durou so uns minutos. Así que media hora máis tarde, o cociñeiro que facía as veces de rexedor e controlaba a presentación ao xurado dos distintos menús, preguntáballe a Sole: ¿e vosoutros ides seguir ata o final?. Afeito ao traballo dos fotógrafos de prensa, que despachan o asunto en poucos minutos porque un pouquiño despois agárdaos outro acto no extremo contrario da cidade, non caera na conta de que alí estábamos dous bloggers dispostos a dar conta de canto pasara. Así que quen queira información de primeira man, sen intermediarios, so ten dous camiños: La Caja de los Hilos ou Colineta.

¿E que pasou?. Por diante dos nosos ollos e a mesa do xurado desfilaron dez menús compostos de primeiro, segundo e sobremesa.

O dominio de peixes e mariscos foi a tónica xeral. En ningún dos menús faltaron os produtos do mar, inda que so a metade dos menús presentaban peixe como prato principal. O caso máis extremo foi o dun menú composto de peixe no primeiro prato e peixe no segundo.

Raia, salmonete, xarda, robaliza, salmón e rape foron os protagonistas nos pratos de peixe e porquiño, solombo de boi, cacheira de porco, año e magret de pato dos de carne.

O tamaño das racións tamén foi moi variable, e posiblemente os dous extremos se atopen nos menús gañadores do primeiro e segundo premio. Mentres o menú do gañador parece algo escaso, e a súa sobremesa mísera, o segundo clasificado presentou un lombo de robaliza espectacular e unha sobremesa excesiva, salvo para os moi larpeiros. Este foi tamén o único menú cun primeiro prato de verduras, algo que no resto de menús se converteu en mera comparsa, e non sempre presente.

Por parte do xurado, como era de agardar, houbo apreciacións moi diversas. De mostra un botón: falando dunha sobremesa determinada un xurado dixo, literalmente: “moi bonito, pero baste aburrir“. A outro pareceulle perfecta: “déixate listo para empezar a comer outra vez“. Cuestión de gustos.

O xurado en ningún momento se amosou entusiasmado cun prato, pero si houbo unanimidade para deixar patente o exceso de sal nun caso e de picante noutro. Nin os tres primeiros clasificados se salvaron das críticas dun xurado que, ao contrario que noutros concursos, non sabía a quen correspondía cada menú.

Os menús participantes foron os seguintes (Lamentablemente fáltame un menú completo e a sobremesa de outro, carencia que tentarei subsanar (gracias Sole, por proporcionarme la información que faltaba)):

Mar galego. A raia e o mar. Mousse de albaricoque, parfait de ron e froitas.

Salmonete en folla de plátano con falso cus-cus de touciño entrefebrado ibérico e consomé do seu fígado. Porquiño con praliné de tamarindo e os seus riles, compota de pera ao mirin e arroz cremoso de cogomelos de primavera. Sobremesa.

Arroz de cogomelos shiitake e soia con zamburiñas marinadas e xema emulsionada. Lombo de xarda salpreso con patacas confitadas, tomate en compota e vinagreta de olivas negras. Ragout de pera ao mencía con xeado de canela e biscoito-m de noces.

Menestra de verduras con ovo e allobranco. Robaliza, espinacas e caldo de soia. Aguacate, lima e chirimoia.

Salmón en menta e cardamomo con bouquet verde e gominola de remolacha e rábano picante. Solombo de boi renxente en caldo curto con verduras en papillote á oriental. Canelón de fresas, sandía confitada e mousse de aguacate con esponxa de piruleta.

Arroz “pegao”, sabor de lagostino, carrilleiras de rape e aceite de pistacho. Cacheira de porco, puré de grelos, “petotes” de millo e centeo e agridoce de cardamomo. Plátano, coco, café e vainilla.

Carabineiro en vermello. Caldeirada 2009. A primavera agridoce.

Mar de fondo, “Ravioli de vieira, con navalla, berberechos e caldo Ichiban-Dashi”. Magret de pato con amorodos ao viño e regalicia. Cremoso de chocolate branco con iogur, remolacha e cereixas

4 thoughts on “Nas “cociñas” do concurso Cocinero del Año

  • 16 de Abril de 2009 at 09:55 09Thu, 16 Apr 2009 09:55:12 +000012.
    Permalink

    Tal y como lo cuentas. Un placer haber compartido ese mediodía de “pico seco” que tuvimos. Y gracias por presentarme a Ana, un encanto de mujer.
    Si me permites replicaré tu post en mi blog. Has puesto por escrito mis sensaciones.
    Tengo todos los menús, me fijo luego y te paso.

    Reply
  • 16 de Abril de 2009 at 10:34 10Thu, 16 Apr 2009 10:34:27 +000027.
    Permalink

    Sole, encantado de compartir esa mañana. Y te agradeceré me pases ese manú que me falta. Fue el último presentado al jurado.

    Reply
  • 17 de Abril de 2009 at 00:11 12Fri, 17 Apr 2009 00:11:10 +000010.
    Permalink

    Un lujazo poder tener toda esta información de primera mano sin censura y objetiva

    Reply
  • Pingback:Soledad Felloza - Actriz - Cuentacuentos | Miradas sobre el concurso

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *