Alborada, unha fábrica de premiados

Haberá que ir buscando un momento para visitar o restaurante Alborada, na Coruña, que non teño o pracer de coñecer máis que polas crónicas sempre positivas de Pantagruel, supongo, e no que parece teñen atopado o método para triunfar en concursos.

Se onte Luís Veira gañaba a semifinal do concurso Cocinero del Año, hai moi poucos días outra compoñente da súa cociña, Iria Espinosa, volvía de Madrid co premio á mellor axudante na final española do Bocusse D’Or.

Iria acompañou en Madrid a outro cociñeiro do Alborada, Álvaro Gantes, gañador do X Campionato Galego de Cociñeiros. Exactamente en mes e medio, entre o 5 de marzo e o 15 de abril, os tres premios foron parar a mans doutros tantos cociñeiros do Alborada.

Mentres non teña nada novo que dicir sobre o restaurante deixo que sexa Pantagruel quen presente o establecemento coruñés e evito escribir sobre o que non coñezo de primeira man

4 thoughts on “Alborada, unha fábrica de premiados

  • 16 de Abril de 2009 at 19:36 07Thu, 16 Apr 2009 19:36:43 +000043.
    Permalink

    …impresionante…

    Reply
  • 16 de Abril de 2009 at 23:39 11Thu, 16 Apr 2009 23:39:13 +000013.
    Permalink

    Si, eu tamén comín aí hai uns meses, pero se me esquenceu escribir un post. Comín estupendamente ben, nunha liña moi “burguesa” de cociña galega actualizada. Moi, moi recomendable e cun interiorismo moi coidado (tamén é caro, pero non sei canto, fun convidado por un amigo).

    Reply
  • 16 de Abril de 2009 at 23:45 11Thu, 16 Apr 2009 23:45:10 +000010.
    Permalink

    Pois como uns 45 € per capita, aproximadamente (antes dos premios). É moi recomendable, efectivamente. Por poñer algún pero, a carta ten mudado moi pouco no último par de anos: pero supoño que con tanto premiado, é cousa de semanas que o faga.

    Reply
  • 17 de Abril de 2009 at 12:14 12Fri, 17 Apr 2009 12:14:41 +000041.
    Permalink

    Fui a finales de Enero, éramos dos personas y cenamos maravillosamente atendidos. Después de un “pinchito” de cortesía tomamos unos fritos de cigala con mahonesa de soja, unos huevos rotos con cigalas y patatas (un plato interesante de potente sabor)y un rape con arroz caldoso de nécoras y berberechos en el que el rape estaba en un punto perfecto de preparación. El vino un albariño Pazo de Señoráns y a la hora de los cafés fuimos invitados a unos pequeños bombones y galletas caseros y creo que recortar que también a los cafés, en total unos 125 €. Un sitio para repetir en alguna otra ocasión especial.

    Reply

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *