Requeixo en As Neves (Pontevedra)

Pode que unha das procesións máis grandes deste venres en Galicia fose a de As Neves. Unha procesión pagá motivada pola festa do Requeixo e o Mel que reuniu na localidade pontevedresa miles de persoas ávidas de probar este queixo fresco tan galego, malia que siga sen ter recoñecemento oficial de ningún tipo. So, con azucre, con mel da Paradanta ou con marmelada, o requeixo foi aperitivo para moitos e sobremesa para os que antes pasaron probar o polbo ou os chourizos fritos ou ao viño, exclusivos estes para pecadores. Os viños da zona, Rubiós e Tortoreos, foron bos acompañantes para a festa, á que incluso acompañou o tempo xa que en toda a mañá so caeron unhas ameazadoras pingas que non foron máis que iso, unha ameaza. Contra a noite o requeixo volverá a ser protagonista, desta volta en compaña do viño tinto de Rubiós (D.O. Rías Baixas).. Os visitantes das Neves puideron ademais mercar as típicas roscas destas datas, que en boa parte de Galicia os padriños están obrigados a regalar aos seus afillados. E rosquillas, empanadas, carne para o caldo e o cocido, pan… eu merquei un estupendo pan de ovos da zona, que amosarei noutro post.


Festa do Requeixo e o Mel from Miguel Vila on Vimeo.

One thought on “Requeixo en As Neves (Pontevedra)

  • 11 de Abril de 2009 at 10:47 10Sat, 11 Apr 2009 10:47:57 +000057.
    Permalink

    ¡Vaya mañanita que llevo! Me levanto tarde, visito “mis blogs”, y todo el mundo hablando de jamar, de beber, de zampar. ¡Coño, que estoy a dieta! Bueno, el lunes empiezo. (de nuevo)
    Un abrazo Miguel.
    Roberto

    Reply

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *