Dóces e galegos

Teñen os viños galegos fama de acedos e certamente acidez non lles falta, pero esa é, precisamente, unha das cualidades que os fan singulares e apreciados.

A acidez contrarrestase con dozura, e aí está a proba dos refrescos de cola, cun grado de acidez moi superior ao dun iogur, pero que nos saben dóce pola cantidade de azucre ou edulcorantes que levan.

Non vou propoñer eu a adición de azucre ao viño galego, pero o certo é que nos últimos tempos adegas e consellos reguladores galegos están traballando na procura de viños doces, naturalmente doces, elaborados en Galicia.

O éxito do tostado do Ribeiro non é alleo ao que está a piques de converterse en moda. Durante décadas o tostado foi máis un mito que unha realidade, que se atopaba ao alcance de poucos, moi poucos privilexiados. Na Cooperativa Vitivinícola do Ribeiro tomaron a iniciativa de devolver ese vello viño galego ao mercado e, inda que siga a ser un produto minoritario, xa son dúas as adegas que teñen o tostado no mercado, mentres outras traballan no mesmo proxecto ou noutros semellantes.

No Ribeiro, os blogastrónomos galegos tivemos ocasión de probar o viño elaborado con uva xeada en Casal de Armán. Non era máis que un experimento, pero por algo se empeza.

Na mesma liña de viños doces elaborados con uva xeada traballa a adega Mar de Frades, en Rías Baixas.

Sobre os traballos que desenvolve o consello regulador de Valdeorras tanto para a elaboración de tostados como de viños doces feitos de uva xeada xa falamos anteriormente en Colineta.

E agora chégalle a quenda a Monterrei, onde traballan na elaboración de viños semellantes aos de Oporto, cortando a fermentación para conservar azucre residual e encabezando con augardente vínico. O próximo domingo, en Arroz con Chícharos (Cadena SER Galicia) falaremos sobre o asunto co presidente do consello regulador da D.O. Monterrei, Antonio Anxel Méndez Atanes

4 thoughts on “Dóces e galegos

  • 09 de Abril de 2009 at 10:25 10Thu, 09 Apr 2009 10:25:54 +000054.
    Permalink

    Tengo que ponerme las pilas con los vinos porque la verdad me cuesta encontrar alternativas por no saber clasificarlos bien más allá de lo ´básico.

    ¿Puedes recomendarme algún sitio o libro de iniciación para torpes?

    Un saludo!!!

    Reply
  • 10 de Abril de 2009 at 12:36 12Fri, 10 Apr 2009 12:36:43 +000043.
    Permalink

    Gracias Miguel, tomo nota de tus sugerencias.

    Un saludo!!

    Reply
  • 18 de Abril de 2009 at 14:20 02Sat, 18 Apr 2009 14:20:15 +000015.
    Permalink

    Hola Miguel: Para los que se interesen por el mundo de los vinos en este blog pueden encontrar una interesante programación de cursos para profesionales y desempleados. Cursos de cata con un puñado de buenos formadores, coctelería con vino, cocina con vino y repostería con vino.

    Un saludo.

    http://pontevino09.blogspot.com/search/label/cursos

    Reply

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *