“Sapatas” de O Morrazo

Zapatas o "sapatas"Se vostede anda pola parte de Bueu (Pontevedra) e se achega á praza de abastos desta localidade a buscar o bacallau da Coresma poderá ver o peixe seco da foto.

Semellan pequenos bacallaus de cuarta e media de longo e cunha lámina negra pola parte interior. Son zapatas (ponuncie sapatas como fan os do Morrazo co seu peculiar seseo), peixes que os mariñeiros abren e secan a bordo dos barcos e que, segundo me indica a vendedora, cómese cocido e acompañado dunhas patacas e unha allada.

E necesita moito remollo?

Bástalle poñelo dun día para outro. E cunha presa de sal na auga do remollo.

Sal? Paréceme raro pero rápido caio en que se trata dun peixe seco ao sol e o vento, sen salgar. É tan delgadiño que o secado debe ser rapidísimo e por iso non precisa sal.

Na cociña teño dúas sapatas. Xa contarei cando as prepare. So adiantar que non é un peixe precisamente barato, xa que cada peza custa dous euros e pesa, seca, entre 50 e 60 gramos. Por moito que se hidrate, cando chegue ao prato non vai haber máis de 100 gramos dun peixe que non ten espiñas.

Sabía da sapata por Xurxo Pérez, da confraría de Aldán (Cangas do Morrazo), que impartiu con Pepe Solla e Xosé Cannas a ponencia do Forum Gastronómico de Girona que eu presentei e na que a sapata, fresca, serviu aos cociñeiros para elaborar un caldo excepcional.

Daquela Xurxo díxome que a sapata era a pintarroxa, melgacho ou melga. Consulto a Guía dos peixes de Galicia e dentro da familia dos Scyliorhinidae atopo o melgacho, a roxa e a zapata. Posiblemente os mariñeiros engloben aos tres dentro dunha única denominación. Do que non queda dúbida é de que a sapata é un pequeno tiburón.

Bernardino Graña cita a zapata no seu poema Para ir ao mar de pesca

5 thoughts on ““Sapatas” de O Morrazo

  • 08 de Abril de 2009 at 16:45 04Wed, 08 Apr 2009 16:45:35 +000035.
    Permalink

    Ola,

    Eu lembro comer zapata (sapata polo seseo da maior parte do morrazo) na miña casa desde pequena coma algo habitual. Chegado determinado tempo miña nai deixou de a traer ben polo prezo, ben porque era máis difícli de atopar no mercado ou pode que por unha conxunción deses dous factores. Hai pouco sorprendéronme poñéndomo de tapa nun lugar da Avenida de Marín, en Cangas, que creo que se chama O Mesón do Xamón e evocoume eses tempos da infancia. Recorda un pouco ao sabor do bacallao desalgado.
    Cando na casa eu preguntaba por ese peixe dicíanme que era o cazón, de feito, cando o hidrates e o probes verás que a espiña dorsal é igual á dese peixe.Hai anos era un peixe ruín polo que ninguén daba un peso e dicían que secalo era a única maneira de facer un bo comestible daquela carne.
    Se buscas a palabra sen grafar o seseo e a combinas con cazón aparecen resultados en google.

    Saúdos

    http://209.85.229.132/search?q=cache:x2Db6_PzxkJ:from.mapa.es/fijos/pdf/esp/consumo/manual2/cazoncigala.pdf+zapata+caz%C3%B3n&cd=3&hl=gl&ct=clnk

    http://from.mapa.es/fijos/pdf/esp/consumo/manual2/cazon-cigala.pdf

    Reply
  • 09 de Abril de 2009 at 14:03 02Thu, 09 Apr 2009 14:03:08 +000008.
    Permalink

    Se cadra polo que comenta eliziza eu non lembro ter tomado nunca na casa zapata. O que si teño tomado moitas veces e zapata coma tapa (cerca de Aldán, e na ría de Vigo). Non sei se sería polo do precio, ou porque coma estaba seco estaba dispoñible en calqueira momento do ano, pero parecía ser un clásico cando non tiñan outra ración que dar.

    En ambos casos (Canido e Vilanova do Hio) a tapa era zapata cocida con patacas e allada por riba. E coma comenta eliziza ten un certo parecido co bacallau desalgado (branca e desfaise en láminas).

    Reply
  • 15 de Xullo de 2015 at 10:26 10Wed, 15 Jul 2015 10:26:46 +000046.
    Permalink

    Comentar que este tipo de pescado (sapata), se está comercializando ilegalmente, sin etiquetado, sin fecha de caducidad, sin registro sanitario, sin trazabilidad. Sanidad está persiguiendo éste producto y puede llegar a decomisarlo.

    Reply
  • 13 de Marzo de 2017 at 22:27 10Mon, 13 Mar 2017 22:27:09 +000009.
    Permalink

    aqui chamamoslle cazapa (Marin) e inclusive cruda esta de vicio.

    Reply
  • Pingback:10 restaurantes de cocina tradicional en Vigo para anotar | Me como Vigo

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *