Baixa o consumo de pan pero sube o gasto

PanO pan galego ten sona en toda España, pero segundo os datos do Ministerio de Medio Ambiente e Medio Rural e Mariño non estamos entre os maiores consumidores do mesmo, xa que nos superan as comunidades de Cantabria, Estremadura, Navarra, Asturias, Castela e León e A Rioxa. É precisamente esta última comunidade a maior consumidora de pan, cunha media de 62,63 quilos por persoa e ano. Galicia sitúase no posto sétimo, con 49,05 quilos, mentres a media española está nos 40,94 quilos por persoa e ano. Por debaixo desa media están Madrid, Aragón, Cataluña, Comunidade Valencia, Murcia, Baleares e Canarias.

Os datos corresponden ao Panel de Consumo do ano pasado feito público hoxe polo ministerio e so contempla o pan consumido nos fogares.

Nos datos do panel destaca o feito de que en 2008 o volume de pan consumido descendeu nun 3,5 por cento mentres que o seu valor subiu un 10,8 por cento (máis de 4.500 millóns de euros), que se explica fundamentalmente polas importantes subidas de prezos rexistradas o ano pasado. Preto do 60 por cento do pan adquírse en tendas tradicionais, que ademáis son as que ofrecen o mellor prezo.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *