Nova imaxe de Pazo Baión

En xuño do ano pasado a adega Condes de Albarei facíase coa propiedade do Pazo de Baión e anunciaba a súa intención de convertelo no maior centro de enoturismo de España.

Mentres agardamos que chegue ese momento, nestes días presentouse o traballo gañador do concurso para a nova imaxe corporativa do pazo, obra do deseñador madrileño Óscar Gil-Turner, baixo o título de Metamorfosis.

A nova imaxe de Baión basease na forma das ameas do pazo e na evolución das formas xeométricas (do cadrado ao círculo) e das cores (do marrón da terra ao verde das uvas) para comunicar a idea de cambio e evolución.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *